Os centros de ocio infantil estalan contra a "pésima" xestión da Xunta: "aínda non sabemos cando poderemos abrir"

Denuncian non ter recibido axudas que si foron outorgadas a ludotecas e escolas infantís pese a traballar "nas mesmas condicións que estas".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2020 | Actualizada ás 08:30

Comparte esta noticia

As empresas ocio infantil denuncian que a "pésima" xestión da Xunta durante a escala está provocando a "morte" do sector. Así o denuncian dende a Asociación de Empresas Galegas do Ocio (AEGOI) Infantil nunha nota remitida a Galicia Confidencial, na que critican a "incerteza, incoherencia e as desigualdades" da actitude da administración autonómica.

Nenos
Nenos | Fonte: DIP PALENCIA - Arquivo

En concreto, dende AEGOI afean ó executivo de Feijóo a ausencia dun plan que aporte claridade sobre o regreso do sector á actividade xa que os centros de ocio infantil seguen pechados na 'nova normalidade'. "A día de hoxe, tras case catro meses pechados aínda non sabemos nin cando poderemos abrir, nin as medidas que serán esixidas".

AXUDAS DESIGUAIS

Nunha dimensión paralela, e ante a presenza de "medidas contraditorias" que impediron a apertura dos centros, segundo apuntan, a asociación denuncia a "desigualdade" que supuxo a achega de subvencións a escolas infantís, ludotecas e demais espazo para compensar o seu peche anunciadas pola Xunta o 12 de xuño.

"Os centros de ocio, malia traballar nas mesmas condicións que estes establecementos, quedamos excluídos", apuntan dende a asociación, que insisten en que a Xunta "terá que darnos solucións". "Dende o 8 de xuño as nosas empresas poderían estar abertas. Polas súas decisións perdemos un mes de traballo, perdemos confianza dos clientes e acumulamos un mes de gastos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta