Presentan aos profesionais do turismo o "plan de choque" para o sector na Coruña

A alcaldesa, Inés Rey, incidiu na necesidade de adaptar a cidade ao novo escenario e nos cambios no comportamento das e dos visitantes

Por E.P. | A CORUÑA | 30/06/2020 | Actualizada ás 19:33

Comparte esta noticia

Turismo da Coruña presentou a profesionais do sector turístico o seu "plan de choque" ante a nova estratexia turística xerada polo contexto da pandemia, nun encontro que contou coa presenza, entre outros, da alcaldesa herculina, Inés Rey.

Celebrado no Palacio de Congresos e Exposicións da Coruña (Palexco), nel estreáronse as directrices hixiénico-sanitarias para o sector dos congresos.

Na súa intervención, a alcaldesa, Inés Rey, incidiu na necesidade de adaptar a cidade ao novo escenario e nos cambios no comportamento das e dos visitantes.

Rey sinalou tamén a importancia da colaboración público-privada no sector turístico e da creación dun "convention bureau" que sirva de plataforma de captación de eventos profesionais. Ademais, apuntou ao potencial da Coruña a nivel infraestruturas, así como á rede hoteleira e hostaleira.

No encontro, ademais de axentes do sector coruñés e galego, participaron tamén representantes doutros destinos turísticos de proximidade como Xixón, Braga ou O Porto.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, intervén nun encontro profesional do sector turístico. CONCELLO DA CORUÑA
A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, intervén nun encontro profesional do sector turístico. CONCELLO DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta