Rescatado un menor na praia de Caión por un garda civil fóra de servizo

Os servizos de emerxencia rescataron a unha muller que sufriu unha caída por un terraplén de 15 metros nas pozas de Melón.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2020 | Actualizada ás 19:59

Comparte esta noticia



Os bañistas da zona de Caión, na Laracha, viviron este martes un pequeno susto, debido a un menor ao que levaba a corrente e non podía regresar á beira en por si.

A alarma saltou sobre as 17,00 horas, momento en que o 112 recibiu o aviso por parte dunha das persoas que se atopaban no lugar, cuberto ademais pola néboa.

Segundo trasladaron testemuñas do suceso, un home, axente da Garda Civil fose de servizo, lanzouse á auga para socorrer ao menor, e conseguiu sacalo ata terra firme sen resultar ferido.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112

RESCATE DUNHA MULLER EN MELÓN

Os servizos de emerxencia rescataron a unha muller que sufriu unha caída por un terraplén de 15 metros nas pozas de Melón.

Segundo informa o CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar ás 17,30 horas deste martes cando a ferida percorría a ruta das pozas deste municipio ourensán e caeu por un desnivel de 15 metros.

Efectivos dos bombeiros do Carballiño e os membros do GES de Ribadavia desprazáronse ao momento para proceder ao rescate da muller, que se atopaba nun lugar de difícil acceso.

Tras ser atendida no punto e unha vez estabilizada, unha ambulancia de Urxencias Sanitarias 061 procedeu ao seu traslado a un centro hospitalario.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta