A fronteira entre Galicia e Portugal reabre este mércores

A apertura simbólica terá lugar á medianoite entre este martes e o vindeiro mércores entre o alcalde de Tui e o de Valença.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2020 | Actualizada ás 20:37

Comparte esta noticia

Galicia e Portugal reabren as súas fronteiras a partir deste mércores, 1 de xullo, tras só estar operativos ata agora un par de pasos por Tui e Verín.

Precisamente, na medianoite entre este martes e mércores ten lugar un acto simbólico pola apertura da fronteira cos alcaldes de Tui, Enrique Cabaleiro, e da Cámara de Valença, Manuel Lopes.

Pola súa banda, o director do Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial do Miño (AECT) Rio Minho, Uxío Benítez, chama a "traballar" para "restituír e normalizar as relacións entre Galicia e Portugal".

Benítez pide ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, que "non criminalice aos veciños de Portugal, posto que ten mellores datos epidemiolóxicos que Galicia".

Nun comunicado, o responsable do AECT Rio Minho sostén que, "en canto a xestión, por resultados, está claro que o traballo da Xunta foi moito peor que en Portugal, que soubo anticiparse".

Cartel en Tui, Pontevedra
Cartel en Tui, Pontevedra

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta