Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/07/2020 | Actualizada ás 11:24
En agosto de 2019 un incendio no límite entre as provincias de Madrid e Toledo converteuse no "peor do siglo" da capital logo de que os bombeiros de Castela a Mancha tiveran que ver arder os terreos "durante 41 minutos" porque precisaban autorización da rexión veciña para actuar.
Co obxectivo de rematar estes casos nos que as fronteiras administrativas lastran a resposta dos equipos de emerxencia, a Coordinadora Unitaria de Bombeiros chama ao desenvolvemento dunha lei a nivel estatal que permita coordinar as respostas dos diversos corpos do territorio. "A coordinación é o principio por excelencia das relacións entre administracións públicas", apuntan dende a organización, que ven necesaria a lei para "garantir ó cidadán uns mínimos de calidade".
"SEN MENOSCABO DAS COMUNIDADES"
Segundo destacan dende a CUB, o obxectivo desta regulación pasaría por conformar unha estrutura de coordinación que correría a cargo do Estado pero sen "menoscabar as competencias das comunidades autonómas". "As fronteiras políticas e burocráticas non poden ser os criterios de atención nunha emerxencia. A emerxencia require inmediatez e proximidade", apuntan dende a organización, que lamenta que a lei, pese contar cun "amplo consenso sobre a súa necesidade no Parlamento" e chegar a ser proposta en dúas ocasións, nunca botara a andar.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.