Marea Atlántica quere que a Xunta declara BIC a Casa Cornide pola "vía de urxencia"

O viceportavoz de Marea Atlántica no Concello da Coruña, Iago Martínez, asegura que a familia Franco "sabe que o van a perder, como lles está acontecendo co Pazo de Meirás".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 08/07/2020 | Actualizada ás 18:45

Comparte esta noticia

Marea Atlántica esixiu á Xunta que declare a Casa Cornide como Ben de Interese Cultural (BIC) "pola vía de urxencia, paraimpedir que o Franco vendan o patrimonio da Coruña".

Nun comunicado, sinala que o inmoble, que pertenceu ao historiador José Cornide, "foi agasallado á muller do ditador nunha fraude de lei, demostrado con probas documentais".

Por iso, demanda ao Goberno galego que actúe de oficio e declare como BIC a Casa Cornide, pola vía de urxencia, para "impedir" a súa venda tras a aparición da mesma nun portal inmobiliario.

"Este edificio é patrimonio da cidade da Coruña", afirma o viceportavoz de Marea Atlántica no Concello da Coruña, Iago Martínez, que asegura que a familia Franco "sabe que o van a perder, como lles está acontecendo co Pazo de Meirás, e queren facer caixa antes, pero non pode consentirse".

Casa Cornide. SANDRA GARCÍA REI
Casa Cornide. SANDRA GARCÍA REI | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 CastelaoPaSogama

¿Impedir? ¿Desde cando unha declaración de BIC impide vender o ben? O que sí pode facer a Xunta se o declaran BIC é mercalo, porque os vendedores teñen a obriga de comunicar que venden o BIC, e a Xunta pode mercarllo por ese prezo.