Vox acusa ao delegado do Goberno de non impedir a violencia, a pesar da presencia policial nos seus mítines

Acúsao de non impedir a "fustrigación" durante os seus actos.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 08/07/2020 | Actualizada ás 22:59

Comparte esta noticia

O presidente de Vox, Santiago Abascal, advertiu que a súa formación "ampliará" a denuncia presentada contra o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, se continúa a "fustrigación" protagonizada por "totalitaristas" contra o seu partido nos actos electorais.

Nun mitin ao que os asistentes acudiron con bandeiras de España e a formación e que foi celebrado este mércores na Praza da Estrela de Vigo, flanqueada por varios furgóns policiais, Santiago Abascal sinalou que Vox presentou unha denuncia no xulgado "por prevaricación, omisión do deber de perseguir delitos e tráfico de influencias" contra Javier Losada. Así, acusouno de non impedir a "violencia" que denunciou que sufriu a súa formación durante a campaña electoral.

Neste sentido, nunha praza en cuxas inmediacións se concentraron varias persoas con cánticos como 'Queremos galego' e 'Galiza ceive, poder popular', o líder de Vox preguntouse a quen agrediu" ou "matou" o seu partido e afirmou que "non propón nada do que din" os seus detractores, polo que asegurou descoñecer "a que obedece este nivel de violencia".

Nesta liña, criticou que o Goberno e os medios de comunicación "inciten" á cidadanía "contra Vox" e lamentou que se chegou a "negar a violencia" que sofren os simpatizantes da formación e "mesmo o sangue que brota desde cabezas apedreadas", en alusión ao episodio sucedido na cidade herculina.

O presidente de Vox, Santiago Abascal, durante o acto electoral de Vox na Coruña, a 4 de xullo de 2020.. M. Dylan - Europa Press
O presidente de Vox, Santiago Abascal, durante o acto electoral de Vox na Coruña, a 4 de xullo de 2020.. M. Dylan - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta