Alberto de Salazar (PACMA): "Para gandeiros e pescadores pode haber alternativas diferentes ao maltrato animal"

O cabeza de lista de PACMA para as vindeiras eleccións galegas propón que a Xunta debería invertir máis en sanidade e educación que en financiar os campionatos de caza.

Por Sara Gil | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/07/2020 | Actualizada ás 20:40

Comparte esta noticia

Alberto de Salazar é o cabeza de lista e candidato por Pontevedra do partido PACMA para este 12 de xullo. En declaracións a Galicia Confidencial, expón os obxectivos que tén o partido para o próximo goberno. 

Alberto de Salazar, candidato de PACMA por Pontevedra.
Alberto de Salazar, candidato de PACMA por Pontevedra. | Fonte: PACMA

Cales son os principais obxectivos do partido? Por qué causas apostades nesta candidatura? 

Os fins principais son a xustiza social, o medio ambiente e os animais. Independentemente diso, se quixeramos destacar tamén como políticos: o respecto e a honradez. Ultimamente os políticos faltan bastante ao respecto aos votantes. É moi común que o política en campaña electoral prometa todo o que se lle veña a cabeza, para logo unha vez que saia elexido, faga o que queira. Dóenos que a imaxe do político sexa esa, unha persoa que minte pra conseguir votos. Nós queremos cambiar esa imaxe. 

Galicia é unha comunidade que depende moito do sector agrario, da pesca, da crianza dos animais en grandes extensións, etc. Que pensades disto e que faríades para que non supoña un problema?

Nos cremos que hai que dotar o rural con servizos que son máis ben escasos, servizos como o wifi, para que así fora máis atractivos para as persoas. Sabemos que a pesca é clave para a economía galega, pero por otra parte estamos en contra de calquer maltrato animal. 

Que podedes facer?

Pois... intentar facer outra política que dea saída a Galicia e aos seus pescadores e gandeiros, outras saídas que non teñan que ver co maltrato animal. 

Seguindo co fío do maltrato animal, os estragos que fan os xabarís ou os lobos nos cultivos dos agricultores dan pé a súa matanza, que pensades sobre isto?

En canto o xabarín, ultimamente fanse batidas por sobrepoboación. Pra poder falar de sobrepoboación, primeiro hai que ter un censo porque non sabemos o número dos que sobran.  Hai métodos moito menos ofensivos ca caza pra parar a sobrepoblación, como é o caso da esterilización. O xabarín ten un sistema de reprodución que canto máis en perigo vexa a súa especie, máis se reproduce. De feito, podemos comprobalo. A medida que hai máis caza, hai máis xabarís. En realidade, para os cazadores están ben, porque así poden cazar, pero fan variar todo o ecosistema. 

É certo que algunhas veces os lobos baixan a polo gando, pero isto sucede pola caza, pola actividade humana nos montes. Polo tanto, estamos deixando ao lobo sen alimento. Deixando que o monte manteña o seu equilibrio, non habería ningún problema cos lobos. 

Que pensades dos campionatos de caza do raposo por parte da Xunta de Galicia?

Parécenos absolutamente unha vergoña que a administración forme parte do campeonato da caza do raposo. Parécenos que é unha vergoña que a administración estea subvencionando este campeonato, cando hai moitas máis necesidades na población galega. Podería destinar eses cartos a residencias de maiores, a sanidade e a educación, por exemplo. A maiores, respecto á caza do raposo habería que considerar que o raposo elimina "as posibilidades de enfermidades" nos humanos. É o caso, por exemplo, da enfermidade de Lyme, que se transmite a través dun carracho. O vector é o rato, que come ao carracho, e cando o raposo come ao rato, non hai tanta posibilidade de contaxio aos humanos. Comprobouse que en zonas onde houbo máis matanzas de raposo, incrementouse a enfermedade de Lyme. 

Como dixeches, PACMA é un partido que tamén aposta polo respecto ao medio ambiente e pola xustiza social. Se gobernades, cales serían as vosas políticas?

Nós dámoslle moita importancia aos nosos maiores, cremos que están abandonados. O certo é que estiveron abandonados e seguirán estandoo. Non só aqueles que están en residencias, senón tamén aqueles que viven nos seus domicilios sós, apartados do que é a sociedade. Cremos que necesitan atención, tanto de carácter social como sanitaria.

Tamén lle damos importancia ao problema que existe coas persoas maiores de 45 anos á hora de encontrar traballo. Son persoas que teñen experiencia laboral, que traballaron moitos anos e que, por motivos diversos, o feito de que teñan máis de 45 anos, péchanlles todas as portas. Son persoas ademáis, que teñen unha familia ao seu cargo e que a medida que se lle foi pasando o tempo, teñen menos oportunidades de encontrar traballo.

Apostamos tamén pola mocidade, que despois de estar formándose academicamente, o primeiro que lle piden é experiencia e, loxicamente, experiencia non van tener se non consiguen traballo. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta