Temas: MúSICA

Antònia Font virán de xira a Galicia esta primavera

O gran referente do pop en catalán dará tres concertos no país a finais de febreiro e comezos de marzo.

Por GC Tendencias | Compostela | 13/02/2013 | Actualizada ás 23:07

Comparte esta noticia

Os mallorquinos Antònia Font virán de xira a Galicia a finais de febreiro, principios de marzo para presentar o seu último disco "Vostè és aquí" (Robot Innocent, 2012). As cidades polas que pasará o quinteto serán Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña.

Antonia Font
Antonia Font

Da man de Joan Miquel Oliver, o grupo publicou oito discos dende que comezou a súa carreira alá por 1997, servindo dalgún xeito como grupo xerme para a nova onda de grupos de pop-rock en catalán que leva triunfando os últimos anos. Froito desta longa carreira é que esta non sexa a súa primeira visita a Galicia, xa en 2008 achegáronse á Fábrica de Chocolate de Vigo cun directo que podedes ler aquí.

As datas e prezos da minixira de man de Coconut Producciones son as seguintes:

- 28/02 Sala Capitol (Santiago de Compostela) 21:30h - Entradas anticipadas a 12 € na Reixa e www.atrapalo.com

- 01/03 Sala Inferno (Vigo) 21:30 - Entradas anticipadas a 12 € en Discos Elepé e www.atrapalo.com

- 02/03 Praia Club (A Coruña) 00:30 - Entradas anticipadas a 12 € en Discos Portobello e www.ticketea.com

Publicada orixinalmente en Desconcierto.com

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta