Ana Pontón chama a "facer historia" e lamenta que "centos de galegos" contaxiados non poidan votar

A candidata do BNG referiuse aos veciños da Mariña e criticou que non se activaran os mecanismos oportunos para garantir o dereito ao voto de todos os cidadáns.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/07/2020 | Actualizada ás 10:14

Comparte esta noticia

A candidata do BNG á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, chamou este domingo á particicipación electoral para "facer historia" nun momento "decisivo" para Galicia e lamentou que "centos de galegos non poidan exercer un dereito fundamental como é o dereito ao voto", en alusión aos positivos por COVID-19, cuxa prohibición a acudir ás urnas foi avalada pola Xunta Electoral Central.

A líder da formación frontista foi a candidata máis madrugadora, xa que votou pasadas as 9,15 horas deste domingo en Santiago, onde remarcou que os galegos "se xogan o futuro" nestes comicios autonómicos. Por esta razón, resaltou a necesidade de que "todos participen co seu voto" nesta xornada electoral "para que xuntos constrúan a Galicia que queren".

Ademais, Ana Pontón sinalou que esta será "unha xornada electoral atípica" na comunidade debido ás medidas adoptadas pola crise sanitaria. En concreto, referiuse a os residentes da comarca lucense da Mariña, onde se rexistrou un rebrote de contaxios por COVID-19 que levou o endurecemento das medidas de seguridade, e envioulles "un cariñoso abrazo". Así, asegurou que para eles estas "son unhas circunstancias máis excepcionais" que para o resto de galegos.

Lamentou que as persoas contaxiadas visen "como se convocaron eleccións e non lles garantiron o seu dereito ao voto" e recalcou que "a Xunta tiña a responsabilidade de articular os mecanismos previstos na lexislación" para garantir o seu exercicio deste dereito fundamental.

Do mesmo xeito, a candidata do Bloque á Presidencia da Xunta chamou aos galegos a votar con "ilusión e convicción" e a pensar que "este país ten futuro e necesita á fronte a un goberno que confíe nas súas propias potencialidades e capacidades".

Ana Pontón na votación das eleccións do 12X
Ana Pontón na votación das eleccións do 12X | Fonte: BNG

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, pasea coa súa filla na xornada de reflexión.. BNG
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, pasea coa súa filla na xornada de reflexión.. BNG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta