Vox denuncia "acoso e violencia" contra os seus apoderados na xornada electoral

O portavoz do Comité de Acción Política da formación de ultradereita asegura que non foi unha cita "pacífica".

Por E.P. | MADRID | 12/07/2020 | Actualizada ás 20:50

Comparte esta noticia

O portavoz do Comité de Acción Política de Vox, Jorge Buxadé, denunciou actos de acoso e violencia contra os apoderados da formación política nas eleccións autonómicas de Galicia e País Vasco.

Nunha rolda de prensa na sede nacional de Vox, previa ao peche dos colexios electorais, ás 20.00 horas, Buxadé sinalou que non foi unha xornada "pacífica" e asegurou que os apoderados do partido sufriron "agresións, actos de acosos" e sinalamentos tanto en Euskadi como Galicia.

Neste sentido, declarou que algúns dos seguidores de Vox tiveron que pedir "auxilio policial porque se lles impide o libre movemento". "A festa da democracia foi violenta contra os apoderados de Vox", insistiu. Buxadé explicou que o denuncian "antes de que finalice o proceso electoral" e para "chamar a atención dos medios".

Acto de Vox en Pontevedra
Acto de Vox en Pontevedra | Fonte: @VoxPontevedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta