Os recentes comicios ao Parlamento europeo pechan o circuíto electoral que comezou ao remate do mes de Maio de 2023 coa cita relativa aos concellos e aos Parlamentos dalgunhas CC.AA. e que transitou por diversas "estacións" relevantes (Cortes Xerais do Estado e Cámaras lexislativas de Galiza, Euskadi e Cataluña). Neste momento non sabemos se existirá unha engádega no vindeiro outono por mor dunha eventual repetición da consulta ao Parlamento catalán.
  comenta   0
Os municipios onde Vox logrou unha maior porcentaxe de votos foron: Boimorto (19,47 %); Ribeira (7,45 %); e Vilariño de Conso (6,91 %). Os municipios onde SALF acadou maior porcentaxe de votos foron: Negueira de Muñiz (5,26 %); Irixoa (4,39 %); e A Teixeira (3,48 %).
  comenta   0
O presidente galego destaca os "grandes resultados" do PP en Galicia e defende a continuidade de Feijóo ao fronte deste partido: "Gañou todas as eleccións ás que se presentou".
  comenta   0
Pontón recoñece que "vai haber axustes" no tempo que terá o Bloque o escano na UE, aínda que Miranda "vai estar cinco anos en Europa".
  comenta   1
A dereita e a ultradereita gañan as eleccións no Estado. Vox e un partido aínda máis populista e ultradereitista, Se Acabó La Fiesta, suman case un 15% dos votos. A división castiga a Podemos e Sumar.
  comenta   1
Casares di que o PP "xoga ao empate" e será o PSOE o que lles meta "un zurdazo pola escuadra" este domingo
  comenta   0
Francisco Millán Mon (Pontevedra) encabeza a lista do PPdeG para as eleccións europeas que define como "un plebiscito de Sánchez para saber se ten máis votos que nós". Non ve á extremadereita capaz de roubarlles votos en Galicia. Valora que a candidata do PSOE, Teresa Ribera, tivo máis presente as políticas medioambientais que as políticas de industria así como tampouco entendeu as necesidades de agricultores e gandeiros para quen reclama unha baixada do IVE nos insumos, sobre todo, combustibles.
  comenta   2
O presidente galego insiste en que a líder da ultradereita italina, Georgia Meloni, "é diferente" a outras ultradereitas.
  comenta   0
O candidato do PSdeG ás eleccións europeas, Nicolás González Casares, reivindicou aos socialistas como o "muro de contención" fronte á dereita que "se mimetiza coa ultradereita" e apostou por un PSOE que defende unha Europa "social, xusta e solidaria".
  comenta   0
Besteiro apelou á cidadanía a apostar pola Europa que respondeu forte ante a crise sanitaria e rexeitou "unha visión dos anos 50 da Unión Europea" como a defendida "ultimamente por algún dirixente histórico galego", en referencia a Xosé Manuel Beiras.
  comenta   0
O rebumbio provocado pola suspensión das actividades públicas de Pedro Sánchez durante 5 días convida a realizar algunhas reflexións sobre a orixe e as eventuais consecuencias de semellante decisión.
  comenta   0
No contexto da política contemporánea, o fenómeno do “lawfare” emerxeu como unha táctica desapiadada utilizada por algúns sectores políticos reaccionarios para crebar a lexitimidade dos seus opoñentes coa manipulación do sistema xudicial e mediático. Este termo, que combina “lei” (law) e “guerra” (warfare), describe o uso abusivo de procesos legais con motivacións políticas, onde se instrumentaliza a xustiza como unha arma para desacreditar e perseguir a adversarios políticos.
  comenta   0
Tras os seus cinco días de reflexión, pide poñer fin ao "fango" e á "política da vergoña".
  comenta   0
Considera que deberá ser o Tribunal Constitucional e non o Senado quen ditamine que a norma é ou non constitucional.
  comenta   0
O goberno provincial rexeita "confrontacións partidistas" despois de que o PSdeG e as afectadas criticasen a súa exclusión dun programa de igualdade.
  comenta   0
Abascal ataca a Feijóo no seu feudo e denuncia que usaba a súa maioría "clientelar" para gobernar como a esquerda.
  comenta   0
Exclúe a Vox dun debate no que inclúe a Podemos e Sumar xunto co BNG, PSdeG e PPdeG. Hai catro anos si convidara ao candidato da ultradereita.
  comenta   0
Así o cre o líder do PSdeG qyue está convencido de que se se presenta a ultradereita, o PPdeG "non vai ter maioría absoluta".
  comenta   0
Houbo manifestacións en Vigo, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Lugo e Ourense. O TSXG destaca o "problema estructural" desta lacra e Rueda destaca as políticas da Xunta para erradicar esta lacra.
  comenta   0
Mentres en Latinoamérica predominan os gobernos progresistas: Brasil, Chile, Venezuela, México, Honduras, a Cuba revolucionaria e os recentes triunfos electorais en Guatemala e Ecuador, a Arxentina sofre un proceso de retroceso democrático.
  comenta   0
A pesar do pirrico triunfo do Partido Popular dirixido por Feijóo o electorado do estado de España é de centro esquerda.
  comenta   0
Reivindican a súa posición como "terceira forza" en Galicia por diante do BNG. "O fracaso do señor Feijóo é tamén o inicio do fracaso dos herdeiros do señor Feijóo en Galicia", subliñou.
  comenta   1
Aprobou este xoves co apoio de todos as formacións unha declaración institucional na que a corporación rexeita a "censura cultural promovida polo partido de ultradereita Vox, alí onde teñen cargos de responsabilidade como alcaldes ou concelleiros de goberno".
  comenta   0
O secretario xeral do PSdeG destacou a "subida" en votos da súa formación en Galicia a pesar de que perde tres deputados no Congreso.
  comenta   0
O salto do ex presidente da Xunta a Madrid para tentar acabar co "sanchismo" acabou en fracaso. Finalmente, a estratexia electoral de Pedro Sánchez de adiantar os comicios resultou acertada e o bloque da esquerda e da dereita están moi parellos. O futuro, volverá depender, como hai catro anos, do que fagan os partidos nacionalistas e Junts xa dixo que non apoiará a Sánchez.
  comenta   0
A JEC dá parte de razón a unha denuncia da ultradereita. O ente público galego "acatará" a decisión pero recorreraa ante o TS para buscar "uniformidade de criterio xurídico".
  comenta   0
Afirma que a cara a cara entre Sánchez e Feijóo "gañouno o BNG", porque se revelou que é a forza que "defende" a axenda galega.
  comenta   0
Rueda insiste en que "hai liñas vermellas" como os colectivos LGTBI ou a violencia de xénero, pero agora mantén que hai que pactar coa ultradereita.
  comenta   5