A ultradereita queda sen representación institucional en Galicia

A única concelleira que tiña en Avión deuse de baixa do partido.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/05/2025 | Actualizada ás 21:25

Comparte esta noticia

Vox quedou sen representantes institucionais en Galicia despois de que Lilian Cerdeira, a única concelleira que tiña en Avión, se derade baixa do partido.

Con todo, Cerdeira quedará na Corporación como edila non adscrita, tal e como se aprobou no último pleno do mes de abril, segundo confirman a Europa Press fontes do Concello. Semanas atrás desa sesión, a concelleira presentara un escrito no que informaba da súa baixa do partido de Santiago Abascal por "motivos persoais", de acordo coas mesmas fontes.

Lilian Cerdeira converteuse, nas eleccións municipais de maio de 2023, na primeira e única representante institucional que conseguira Vox en Galicia. Fontes do partido consultadas por Europa Press, que afirman non ter "ningunha confirmación oficial" sobre a decisión da edila, rexeitan comentar a noticia.

O líder de VOX, Santiago Abascal, chega a unha rolda de prensa tras a reunión do Comité de Acción Política de VOX, na sede do partido, a 12 de febreiro de 2024
O líder de VOX, Santiago Abascal, chega a unha rolda de prensa tras a reunión do Comité de Acción Política de VOX, na sede do partido, a 12 de febreiro de 2024 | Fonte: Jesús Hellín - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta