Resistencia Galega critica ao Gran Compadre (terceiro episodio)

Os concursantes xa levan un mes de encerro na casa do Gran Compadre, o primeiro falso-reality galego e o debate se fai cada vez máis intenso. A televisión pública alemana interésase polo proxecto, Resistencia Galega emite un comunicado criticando o programa e na casa se fala de independencia, lingua, relixión e cultura. No confesionario, Brais reconhece non ter competencia ningunha e Alberto se pregunta se todo isto non é máis ca un complot contra o 15M. Seis mozos e mozas do país terán que convivir durante 60 días para acadar o premio final: converterse en Director/a Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 16/02/2013 | Actualizada ás 23:54

Comparte esta noticia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

7 Marga

fan do momento confesionario de Alberto. Dende que coñecin a este rapaz, miro aos indignados doutro xeito. Ata me indigno máis, mira o que che digo. Brais ó lixo. é un pedante e un insoportable, como toda a xente - a que todos coñecemos - que caricaturiza este personaxe.nunha entrevista neste medio, os creadores do Gran Compadre fixeron entrever que habería sexo dicindo "en ocasións o sexo pode tornarse revolucionario". Onde está? serán alberto e lorena? moncho e lorena? silvana e lorena? e a gran pregunta, por primeira vez o edredonning será baixo a bandeira da patria? Porque será que se me vén o nome de lorena á cabeza...

6 jos

Que bom este capítulo. O Gay Oso magistral. Voto por Marta!

5 farto

Resistencia Galega critica o Gran Compadre.

1 beto

Resistência Galega critica o Gran Compadre.

4 Adrián M.

O personaxe de Silvana – a pija de Sanjenjo – reúne todas esas infamias que temos que escoitar nos medios a diario sobre o galego. Xa era hora de burlarse de xente como ela, que hai moita, e de deixalos no seu sitio: “Lo de la normalización… Como si no fuésemos normales. A mi no me normaliza nadie!(...)Lo del gallego es como si yo tuviera buen gusto para la ropa, que lo tengo, y con mi armario lleno de ropa se pusiera de moda el chándal, cuando todo el mundo sabe que el chándal es para hacer deporte y andar por casa. Es injusto” - (Sobre ligar en galego) “A lo mejor a los de Santa Comba o por ahí les funciona, pero lo que es el resto de Galicia, olvídate. Que la chica no se va a enfadar ni tirarle la copa. Pero es que el físico no lo es todo. Pero bueno, en Sanjenjo todavía hay gente que habla gallego y no pasa nada.”

3 Pepe...

Hai primas neste medio por non colocar un só pronome ben?