A Airef estima que Galicia estará entre as comunidades con menor impacto do coronavirus no déficit

A Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal prevé unha caída do PIB este ano en España de entre o 10,1% e o 12,4%.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 16/07/2020 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

A Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal (Airef) estima que Galicia estará entre as comunidades cun menor impacto no déficit deste ano. No seu informe presentado este xoves de actualización de escenarios macroeconómicos respecto ao presentado o pasado mes de maio, a Airef apunta que as que as comunidades "ven reducida a súa estimación de déficit, aínda que en menor contía que as novas transferencias polo maior gasto sanitario e as novas medidas" fronte á COVID-19.

A este respecto, deseña dous escenarios de menor (escenario 1) e maior caída (escenario 2) do PIB, con Galicia está entre as mellor situadas. O impacto da COVID-19 podería oscilar entre nove décimas e 2,5 puntos dePIB dependendo da comunidade e escenario considerado.

No caso galego, no escenario 1 prevese equilibrio orzamentario ou superávit, do mesmo xeito que Madrid. Mentres, no escenario 2 o déficit non superaría o 0,2%.

En cambio, comunidades como País Vasco e Navarra "rexistran un impacto máis elevado pola caída dos ingresos tributarios".

A Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal (AIReF) prevé unha caída do PIB este ano de entre o 10,1% e o 12,4% en función da duración da epidemia e dun posible rebrote, cunha caída do emprego equivalente a tempo completo de entre o 10,7% e o 12,8% e un déficit público que podería alcanzar o 14,4%.

No entanto, para 2021 augura un crecemento de entre o 5,2% e o 5,8%, aínda que espera unha recuperación "incompleta e moderada" pola persistencia das medidas de distanciamento social, pola elevada participación na estrutura produtiva das actividades con maior interacción social, a temporalidade do emprego e unha demografía empresarial cunha maior participación de pemes "máis vulnerables" ás dificultades de financiamento.

Así se desprende do Informe sobre a Execución Orzamentaria, Débeda Pública e regra de

gasto 2020, onde se lembra que a AIReF ten mandato de informar, antes do 15 de xullo, sobre o cumprimento dos obxectivos de estabilidade, débeda e regra de gasto do exercicio en curso, aínda que este ano os obxectivos para 2020 víronse "superados pola crise, o que imposibilitou que poida informar o seu cumprimento", desprazando o foco da análise desde o cálculo de probabilidades de cumprimento cara á avaliación das previsións de déficit e débeda.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta