Caballero inicia un "longo camiño de reflexión" para buscar o electorado "galeguista" e "moderado"

O secretario xeral comprométese a reforzar o "perfil galeguista" do partido e insiste enmaterse á frotne do partido para lograr un cambio na Xunta nas vindeiras eleccións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/07/2020 | Actualizada ás 11:02

Comparte esta noticia

O PSdeG, liderado por Gonzalo Caballero, comeza o longo camiño cara á reformulación logo dos decepcionantes resultados colleitados este 12X. O seu secretario xeral destacou como puntos a seguir a apertura do partido á sociedade, reafirmar o seu compromiso galeguista e rexenerar as ideas son algúns dos deberes que a súa formación se marca tras as eleccións do pasado domingo. Ademais, deixou clara a súa intención "manter o temón do barco" en momentos nos que os resultados "non son satisfactorios".

En concreto, nesta cita coas urnas, os socialistas situáronse como terceira forza ao obter 15 escanos -un deles, o último pola provincia de Pontevedra, pendente do reconto do voto exterior xa que os populares están a 45 votos de poder facerse con el-. Estes resultados non cumpriron os obxectivos do partido, que se marcaba como meta ser a alternativa ao proxecto do popular Alberto Núñez Feijóo.

Neste contexto, asegurou que a executiva do partido comparte a liña de acción de "dar estabilidade" ao PSdeG nun momento no que debe de "afrontar novos retos. "O que nos corresponde agora é darlle a fortaleza e reavivar o partido ao longo deste ano e medio que queda --de mandato da executiva-- para conectar coa realidade do país o mellor posible", manifestou.

Neste contexto, sinalou que algunhas das cuestións que debe mellorar a súa formación pasan por "rexenerar e abrir o proxecto á sociedade". "Tamén notros temos que penetrar no tecido asociativo do país, no ámbito da cultura e en distintas ramas e redes que existen na sociedade", indicou.

PERFIL GALEGUISTA

Ademais, nun contexto no que Feijóo logrou a súa cuarta maioría absoluta tras unha campaña que centrou na súa figura e produciuse un notable ascenso do nacionalismo, Gonzalo Caballero considerou que o PSdeG tamén debe potenciar o seu "perfil galeguista" con "maior claridade". "É un reto que asumo en primeira persoa. O meu compromiso é servir aos galegos e temos que conseguir trasladar o compromiso con Galicia con maior nitidez", subliñou.

Tamén chamou a atención sobre a necesidade de "conectar co electorado moderado". "Había unha onda derivada do triunfo electoral do PSOE no mes de abril, unha onda que chegou con moita intensidade ás eleccións municipais, que chegou ao mes de novembro e que chegaba tamén ao mes de marzo", manifestou para lamentar que, coa pandemia, a situación do electorado retrocedese a un momento "estanco" previo a esa "onda".

Para traballar nesta "folla de ruta", segundo indicou, entre outras cuestións, a formación implementará o seu laboratorio de ideas para "readaptar a base ideolóxica ao escenario postcovid" e o propio Gonzalo Caballero manterá diversas reunións coa militancia para coñecer as súas opinións. "É un resultado que nos fai estar máis activos, ter a atención máis posta no que din os cidadáns e en traballar", manifestou Gonzalo Caballero.

COMPROMÉTESE A "MANTER O TEMÓN"

Así mesmo, tras asegurar que o partido tratará de expor o inicio da lexislatura con "fortaleza" na Cámara galega, subliñou que a súa responsabilidade é "manter o temón do barco en momentos nos que os resultados non foron satisfactorios". "Por responsabilidade, por compromiso co meu partido, o que nos corresponde agora é darlle a fortaleza e reavivar o partido", incidiu nunha intervención na que tamén afirmou que prevé cumprir o catro anos como deputado da próxima lexislatura "de acordo ao compromiso coas urnas".

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, na sede do partido en Santiago
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, na sede do partido en Santiago | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Violeta 4

Rapaz lo tuyo no es la política. Lo tuyo es seguir en la empresa familiar, digo en la facultad.