A construción en madeira recibirá apoios dentro do desenvolvemento da "bioeconomía"

A última liña destínase a obras de reforma ou acondicionamento de locais comerciais de negocio con produtos de madeira.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/07/2020 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

A Xunta convocou unhas axudas dotadas con 1,7 millóns de euros e coas que prevé mobilizar ata 9 millóns para fomentar a construción e o desenvolvemento de produtos, proxectos e obras en madeira.

O Goberno galego indicou nun comunicado este domingo que espera promover un total de 170 iniciativas con estes fondos, que se dividirán en catro liñas de axudas para empresas, microempresas, autónomos e persoas físicas.

En concreto, a Consellería de Economía, Emprego e Industria ofrece axudas para a redacción de proxectos de execución de construción nova, rehabilitación de naves e establecementos de negocio que usen produtos de madeira como elementos estruturais.

Outra das liñas destínase a proxectos para o desenvolvemento e fabricación de envases embalaxes e expositores de madeira e unha terceira céntrase na redacción de proxectos de execución de novas vivendas unifamiliares ou rehabilitación e reconstrución.

A última liña destínase a obras de reforma ou acondicionamento de locais comerciais de negocio con produtos de madeira.

As axudas, que se concenderán en réxime de concorrencia competitiva, cubrirán ata o 80 por cento do importe, cun máximo de 25.600 euros na primeira liña; de 12.000 na segunda; de 16.000 na terceira e de 20.000 na última.

O prazo para pedir as axudas estenderase ata o 30 de setembro, salvo que se esgote o crédito antes, explicou a Xunta, que indicou que o seu obxectivo é promover a "bioeconomía", co uso da madeira, que é un material de orixe natural, reciclable e reutilizable.

Madeira lista para ser procesada
Madeira lista para ser procesada

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta