A Xunta reclama que se concrete contía e condicións dos fondos europeos, e pide priorizar a industria enerxética

A Xunta require a "maior urxencia posible" ao Goberno para activar medidas que eviten o peche de Alcoa San Cibrao.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/07/2020 | Actualizada ás 16:38

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, solicitou coñecer o montante dos fondos europeos para a reconstrución que lle corresponderán a Galicia tras o acordo alcanzado no cume de xefes de Estado e de Goberno da Unión Europea, así como as condicións para dispor desa contía.

Nunha comparecencia ante os medios en Pontevedra, Rueda destacou, entre as necesidades "moi inmediatas", o apoio ás industrias enerxéticas afincadas en Galicia, para a súa reconversión.

Pero engadiu que hai "moitas máis" necesidades, lembrando que esta negociación para crear un fondo de recuperación de 750.000 millóns para relanzar as economías tras a crise provocada pola pandemia de Covid-19, "se solapa co marco económico que se negociaba para os próximos anos e nos que Galicia se jubaga moito", tanto en fondos estruturais como de cohesión.

Manifestantes durante unha concentración nocturna convocada polo comité de Alcoa San Cibrao, na contorna da fábrica de San Cibrao, queiman o cartel da multinacional en Lugo, Galicia (España), a 30 de xuño. Carlos Castro - Europa Press
Manifestantes durante unha concentración nocturna convocada polo comité de Alcoa San Cibrao, na contorna da fábrica de San Cibrao, queiman o cartel da multinacional en Lugo, Galicia (España), a 30 de xuño. Carlos Castro - Europa Press

ALCOA

Tamén a Xunta requiriu a "maior urxencia posible" ao Goberno central para activar medidas que eviten o peche da planta de aluminio de Alcoa San Cibrao, dado que este venres vence o prazo de negociación do despedimento colectivo de 534 traballadores.

Nun escrito remitido por terceira vez aos Ministerios de Industria e Transición Ecolóxica, a Secretaría Xeral de Emprego --como autoridade laboral competente-- demanda que se informe sobre que medidas ten previsto adoptar para solucionar os problemas da industria electrointensiva, en especial de Alcoa San Cibrao.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta