Un preso perigoso da Lama lesiona tres funcionarios e provoca dous incendios no mesmo día

Atacou o arco detector de metais, "esnaquizándoo por completo", e agrediu a tres funcionarios que tentaron intervir, un dos cales necesitou atención hospitalaria.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 23/07/2020 | Actualizada ás 15:53

Comparte esta noticia

Un interno do cárcere da Lama, clasificado como perigoso, provocou esta semana dous incendios en senllas celas cunha diferenza de sete horas e agrediu, causando lesións, a tres funcionarios que interviñeron.

Segundo informaron os sindicatos penais, o primeiro dos incidentes ocorreu pasadas as 15,00 horas do pasado luns, cando o preso, interno na zona de réxime especial, provocou un incendio na súa cela. Posteriormente, tras esnaquizar a televisión, armouse con dous cristais "a modo de puñais", explican os traballadores.

A rápida intervención dos funcionarios conseguiu extinguir o incendio antes de que fose a máis e, "tras varios minutos sendo ameazados polo interno", conseguiron que depuxese a súa actitude. Por mor deste incidente decretouse o seu illamento provisional noutra cela.

Ese mesmo día, ás 22,00 horas, o interno provocou un novo incendio na cela de illamento, causando abundante fume na galería. Tras extinguir as chamas, os funcionarios indicáronlle ao preso que saíse ao patio exterior para evitar danos na súa saúde. Con todo, mentres se dirixía alí, atacou o arco detector de metais, "esnaquizándoo por completo", e agrediu a tres funcionarios que tentaron intervir, un dos cales necesitou atención hospitalaria.

Os sindicatos emitiron un comunicado no que reclaman que se retomen de "forma urxente" cuestións como a necesidade de máis persoal de persoal para o centro, que ten 48 vacantes, o nomeamento dos funcionarios como axentes da autoridade ou a creación dunha nova lei de corpos de administración penal para evitar este tipo de agresións e sucesos.

Prisión da Lama, en Pontevedra.. EUROPA PRESS - Arquivo
Prisión da Lama, en Pontevedra.. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta