AMI pon no "punto de mira" a Red Madre

A organización independentista tamén participará na manifestación soberanista do vindeiro domingo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/02/2013 | Actualizada ás 17:50

Comparte esta noticia

"Estades no nosso ponto de mira, com nós, com o nosso corpo, coa nossa vida, NOM SE JOGA!". Deste xeito se refire a organización independentista AMI á organización católica Red Madre por incitar ás mulleres a non abortar.

Imaxe cunha diana sobre as siglas de Red Madre/ amigaliza.org Imaxe cunha diana sobre as siglas de Red Madre/ amigaliza.org
Imaxe cunha diana sobre as siglas de Red Madre/ amigaliza.org Imaxe cunha diana sobre as siglas de Red Madre/ amigaliza.org

"As mulheres da AMI queremos assinalar quais som os nossos inimigos. Quem coa sua moral ultracatólica presiona às mulheres para que nom abortem e nom decidam sob o que é seu, o seu corpo. Os que nos infantilizam e buscam umha familia nuclear e patriarcal", sinala nun comunicado.

Neste sentido, apuntan que tanto Red Madre como Provida forman parte da "faciana mais fascista e espanholista" e apunta que, "curiosamente”, a maioria das persoas que dirixen esta associción en Galicia son homes. "Agocham-se tras a careta de «mulheres bondadosas» que vam ajudar a mozas sem recursos para que sigam adiante com um embarazo ainda que esta nom seja a sua intençom", denuncia.

Por iso, publican o enderezo das sedes que esta organización ten en Lugo, A Coruña, Compostela e Vigo. 

Manifestación soberanista

Por outra banda, AMI tamén anuncia que participará na manifestación soberanista que este domingo percorrerá as rúas de Santiago de Compostela baixo o lema "Polo dereito ao traballo, á igualdade, aos servizos públicos e a plena soberanía nacional", e na que tamén participan, entre outras organizacións, o BNG, Causa Galiza, Nós-UP, MpB ou a CIG, entre outras organizacións.

"Temos que defender a naçom contra as agressons que sofre por parte do Estado espanhol, o nacionalismo e independentismo unem-se e caminham junto com a acçom política, a movilizaçom, a oposiçom às políticas espanholistas, a defensa combativa da terra, da lingua e dos direitos humanos", apunta nun comunicado. 

Neste sentido, sinala que, ademais desta acción "defensiva", ten que ir outra "construtiva". "Temos que criar toda umha rede de serviços e coberturas para o nosso Povo, construir umha Galiza livre dia a dia ao margem do poder, mediante associaçons culturais, centros sociais, escolas populares, meios de comunicaçom, cooperativas, editoras literárias,etc. E para isto nom podemos pedir esmola a um Estado que diariamente nos está oprimindo, nom podemos agardar que Papá Estado nos saque as castanhas do lume, temos que ser nós quem construamos as alternativas!", conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

10 Tece Penélope

Teño gañas de saber se Lores, o agora autotitulado alcalde antisistema de Pontevedra, ese que ten privatizados ou cedidos todos e cada un dos servizos municipais (agua, grúa, multas, IBI, lixo, etc...) vai a ir a gran manifestacion "nacional" (outro eufemismo) acompañado dos seus amigos empresarios. Podería levar con el ao delegado de Acuagest na cidade, o da empresa que non para de colocar farolas nas rúas e, sobre todo, a esa gran amizade da patronal que é o presidente (construtor, non ía ser outra) do Pontevedra C.F. En tal día, pode presentarllos aos mozos independentistas como istos de AMI. Para que aprendan.

1 anonimo

Non te preocupes, quee toda esa xente "importante" que ti nomeas, sabe que é un paripé do BNG, a ver si así logra romper ANOVA. A eles non lles molesta EU, quen lle realmente lle molesta é ANOVA. Pero moitos de paripés xa estamos mais que fartos.

9 Galicia independente

Eu estou en contra do aborto libre, pois o "nasciturus" é suxeto de dereitos. Non obstante, tamén estou en contra da "Contrarreforma" de Gallardón, pois que che naza un fillo cunha grave enfermidade condéache á escravitude de por vida. Gustábame a Lei de 1985, con 3 casos nos que hai dereito ó aborto. Non obstante, sorpréndeme que os que tanto defenden a vida dos non nacidos, despois desprecien, por exemplo, as dos touros, e viceversa.

1 Un artigo de hai anos...

2 lois

Por suposto cando hai unha deformidade, o tema do aborto é algo a ter en conta. Pero a postura da rapazada de AMI, (cos seus panfletos en portugués buscando desesperadamente movilizar as masas adolescentes )de decir que as mulleres teñen os fillos só se lles peta e lles cae ben nese momento, porque o fillo e "parte do seu corpo" e co seu corpo fan o que lles da gana, é ,eso, infantil. O dos touros é unha salvaxada allea a Galicia.

3 Ameneiro

E logo se as persoas non teñen os fillos cando os queren, cando os deberian ter, cando lles obriguen? E quen lles ten que obrigar?

4 Hermerico

A ver Luis, ¿como es eso de los panfletos en portugués?

8 lois

Seica, segundo AMI, que as mulleres están todas decididas, en principio, e chegado o caso, a abortar, que eso é un dereito exclusivo das mulleres, que poden decidir se teñen fillos ou se os matan antes de nacer, e que os críos son únicamente "parte do corpo" das mulleres, e, xa que logo, elas poden decidir, en cado caso, se abortan ou non. Ven ser decir que as mulleres teñen fillos só unicamente se deciden non abortar, e se lles cae ben telos nese momento. Non se sostén moito ese razoamento.

1 Ameneiro

O tema de cando comeza a vida é moi polémico, incluso dentro da propia Igrexa Católico Romana, (non esquezamos que o santo Tomás dizia que as nenas non tiñan alma ate o 5 mes de embarazo, e os nenos ao terceiro). Caes no mesmo erro que os integristas católicos, que exista o dereito a abortar, non significa que se obrigue a exerce-lo, do mesmo xeito que defendo o dereito a unha morte digna, e non teño pensado exerce-lo polo de agora. O que si é restrictivo é aplicar algo tan sectario coma as crenzas morais dunha secta (=grupo) relixiosa a unha población que non o é.

7 qzsp

Certamente o aborto debe estar autorizado, sobre todo para que non nazan fenómenos coma estes jaja. Vaia banda de boy-scouts :D len esto os do IRA e caen de cú da risa jaja.

6 anonimo

...por incitar a las mujeres a no abortar. ¿en qué mundo viven esta fieras?

1 marcoss

Nun onde os violadores con sotana dinlle ás mulleres que non teñen dereito ao aborto.