Desaloxada toda unha aldea ao quedar rodea por un incendio que devorou xa 400 hectáreas

O incendio comezou en Cualedro ás 14,15 horas e todo fai indicar que foi provocado. Un total de 60 vecuiños tiveron que deixar as súas casas.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 29/07/2020 | Actualizada ás 19:28

Comparte esta noticia

O lume sen control iniciado na tarde deste mércores no concello ourensán de Cualedro --parroquia de San Millao-- obrigou a desaloxar a varios veciños no limítrofe municipio de Monterrei, ao ameazar casas na parroquia de San Cristovo. A última estimación da Consellería de Medio Rural é de 400 hectáreas arrasadas nun lume que se iniciou ás 14.15 horas deste mércores.

Fontes da Garda Civil indican a Europa Press que se desaloxou "todo o pobo" de San Cristovo, que é duns 60 veciños. O lume obrigou a activar a Situación 2 pola proximidade ás casas. Con todo, o alcalde de Monterrei, José Luís Suárez, indica a Europa Press que o desaloxo foi "só de catro ou cinco vivendas máis preto do lume, pero non todo o pobo de San Cristovo".

Así, o rexedor apunta que a situación é "complicada", porque o lume "chegou a San Critovo e fixo como dúas cabezas, desdobrouse, unha dirección cara a Magdalena e Flariz, e outra cara a dirección Medeiros", polo que "deixou a San Cristovo rodeado". Todo iso, nunha xornada de alto risco de incendio, con alerta amarela na provincia de Ourense polas altas temperaturas. A isto únese "de súpeto vólvese a levantar o vento" despois de parar.

O lume aproxímase as casas en Cualedro
O lume aproxímase as casas en Cualedro | Fonte: FBcomarcas de Monterrei, Frieiras e Viana

Segundo informa a Consellería de Medio Rural a Europa Press, "a prioridade é defender as casas". Nos traballos de extinción participan, entre outros, 11 helicópteros, 11 avións, 15 brigadas, cinco axentes, cinco motobombas e dúas pas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

O que arde (segunda parte) ? https://www.filmaffinity.com/es/rev...

1 anonimo

Boeno, este ano noto menos machaconeo con que os incendios son consecuencia da política forestal da xunta. Xa non queda mais remedio que admitir ( moi a contragusto) que os incendios son provocados por algúns galegos que non merecen chamarse así.