A Xunta: "Os universitarios terán o próximo curso a mesma calidade pero con máis seguridade"

Destaca a adaptacións das universidades galegas: "En tempo marca adaptáronse a algo novo e insólito".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 30/07/2020 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, defendeu que os estudantes recibirán formación coa "mesma calidade de sempre" no próximo curso universitario, pero, engadiu, "con condicións sanitarias e adaptación a novas tecnoloxías de primeiro nivel".

Nunha visita ao campus de Elviña da Universidade da Coruña, Díez de Castro cualificou de "impresionante" o traballo realizado polas tres universidades galegas na preparación para o curso 2020/2021. En "tempo marca", explicou, adaptáronse "a algo novo e insólito".

En declaracións aos medios de comunicación, o secretario xeral avanzou que as universidades prepararon a "parte física" das clases e os "escenarios alternativos" para posibles confinamentos ou rebrotes. "Foi un traballo que se solapou con acabar o curso", destacou.

Para afrontar os "inesperados e cuantiosos" gastos de adaptación dos centros, engadiu Díez de Castro, a Xunta tramita un convenio de tres millóns. "Estamos coordinados e o que poden esperar estudantes e familias é que van recibir a mesma calidade de sempre, pero con condicións sanitarias e adaptación a novas tecnoloxías de primeiro nivel", subliñou.

DISTINTAS MODALIDADES

Pola súa banda, o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, que acompañou ao secretario xeral de Universidades na súa visita ao campus, afirmou que o próximo 21 de setembro estará "todo preparado" para iniciar o curso "coa nova normalidade".

Estudantes realizando exames
Estudantes realizando exames | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta