O Exército español volverán patrullar os montes galegos para previr incendios forestais

Son membros da Brigada 'Galicia' VII do Exército de Terra (Brilat).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/07/2020 | Actualizada ás 21:06

Comparte esta noticia
Un total de 27 patrullas integradas por militares da Brigada 'Galicia' VII do Exército de Terra (coñecida como BRILAT) e do Terzo Norte de Infantaría de Mariña vixiarán toda a xeografía de Galicia colaborando, "mediante unha presenza disuasoria e de alerta temperá", na prevención de incendios forestais nas zonas de maior risco.

Trátase da operación Sentinela Galego, que cada ano se desenvolve en virtude dun convenio entre a Xunta e o Ministerio de Defensa e que estará activo entre o 15 de agosto e o 30 de setembro.

Segundo explicou o Goberno central, coa presenza destas patrullas nos montes galegos, nos últimos anos "produciuse un descenso do número de incendios forestais en toda a zona".

O despregamento poderá activar forzas e medios en tres niveles de intervención en función da gravidade da situación e igualmente prevé a presencia de avións non tripulados e de helicópteros para labores de vixilancia.

Doutra banda e para asegurar a necesaria coordinación con outros equipos e medios da Xunta de Galicia e coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, o dispositivo militar contará cos medios de comunicacións adecuados que permitan dar resposta inmediata en caso de producirse un conato de incendio ou de detectarse actividades sospeitosas de producir un incendio.

A Brilat patrulla os montes galegos. MINISTERIO DE DEFENSA
A Brilat patrulla os montes galegos. MINISTERIO DE DEFENSA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Saviñou

Pagamos a ocupación militar con cartos e reclutas, seguimos a ser unha colonia, dende Roma...