Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/08/2020 | Actualizada ás 22:15
O BNG de Ourense denuncia agresións continuadas á bandeira estrelada presente na cristaleira da súa sede na cidade auriense, situada na histórica rúa das Burgas. Foi o candidato nacionalista á alcaldía de Ourense, Luís Seara, o quen este xoves puxo en coñecemento do público o suceso a través da rede social twitter.
Como cada mañá a nosa cristaleira aparece “adornada” por cuspe ou pintadas.
— Luis Seara (@LuisSeara2) July 30, 2020
Se lles manca a bandeira será por algo. Pois hai que roela!!!! pic.twitter.com/E8bSg845Aw
Algunhas das reaccións que tivo o chío foron caracterizadas por palabras como "noxento" ou "impresentables". "O de cuspir en tempos da Covid debería ser tipificado coma delito contra a saúde pública", opinou unha das usuarias.
Que esperas dos que non respetan os ideais democráticos dos demais, o pasado non se foi
— correcaminos (@josemanuellago3) July 31, 2020
Uns impresentábeis!
— Serxio María 🛰🇪🇺 (@SerxioMaria) July 30, 2020
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.