Sanxenxo vive o "mes de xullo máis atípico da súa historia" cunha ocupación do 50%

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 01/08/2020 | Actualizada ás 12:49

Comparte esta noticia

Os empresarios turísticos de Sanxenxo abordan este ano un verán "moi complicado" e pecharon o mes de xullo "máis atípico da súa historia" logrando manter unha ocupación media do 50%.

Así o indicou o Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo (CETS), que realizou unha enquisa de ocupación entre os seus asociados que apunta a unha caída de 33 puntos con respecto ao mesmo período do ano pasado.

Con todo, lembran, estas cifras supoñen "unha caída menor do esperado" para este mes de xullo, a tenor das "especiais circunstancias" nas que traballaron, e o alto grao de incerteza. A enquisa fala de hoteis cunha media de ocupación do 50% e apartamentos turísticos ao 70%, mentres que cámpings e pensións estiveron ao 40% de ocupación. Os datos, lembran, foron mellores durante a fin de semana.

O CETS fixo unha lectura positiva destas cifras e destacaron especialmente a "aposta maioritaria" dos empresarios "por manter os prezos de tempada", traballando "por un turismo de excelencia que se diferencie polo servizo de calidade ofertado".

"Evidentemente este non vai ser un ano para falar de marcas ou de cifras ocupación se non para traballar na rendibilidade", subliñou o presidente do CETS, Alfonso Martínez, que agradeceu o esforzo do sector para manter postos de traballo.

Praia de Silgar,en Sanxenxo.. Beatriz Ciscar - Europa Press - Arquivo
Praia de Silgar,en Sanxenxo.. Beatriz Ciscar - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta