Por Europa Press / Redacción | MADRID | 03/08/2020 | Actualizada ás 10:18
O Goberno reforzou a estrutura do Ministerio de Sanidade creando unha Secretaria de Estado que se converterá no órgano superior do departamento co obxectivo de mellorar a coordinación coas comunidades autónomas no contexto da crise sanitaria do coronavirus que obrigou o pasado mes de marzo a decretar o estado de alarma.
Tal e como recolle o Real Decreto publicado este luns no Boletín Oficial do Estado (BOE), esta decisión responde a "a necesidade de reforzar o Ministerio de Sanidade para o control de posibles rebrotes da enfermidade, así como ante a aparición de novas enfermidades de potencial pandémico".
Segundo informou o Ministerio de Sanidade, a incorporación dunha Secretaría de Estado busca mellorar o "contacto directo" cos respectivos conselleiros autonómicos, así como a coordinación e cooperación entre as administracións públicas implicadas, reforzando a actuación do Ministro cun órgano co nivel adecuado para realizar a dita interlocución.
"Coa creación dunha Secretaría de Estado de Sanidade ampliarase a súa estrutura de dirección de primeiro nivel, reforzando así o espazo de toma de decisión directiva", segundo sinalou o Ministerio. Este órgano superior apoiará ao ministro na comunicación das políticas sanitarias e decisións adoptadas, e busca "dotar dunha maior transparencia á acción de Goberno".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.