Galicia rexistra 5.217 pacientes e 430 patoloxías raras: as máis comúns son o ELA, a cirrosis biliar primaria e a enfermidade de Huntington. Case o 50 % dos pacientes con enfermidades raras esperan "ata catro anos" desde que aparecen os primeiros síntomas ata que obteñen un diagnóstico.
  comenta   0
En Galicia, cultivar froita é un acto de resistencia diaria: fronte a un clima cada vez máis imprevisible, a presión do mercado e pragas que avanzan con forza, como o pulgón verde, o cincento ou o laníxero. Os fruticultores galegos fan un traballo invisíbel e vital, que vai moito máis alá de agardar a que a colleita chegue.
  comenta   0
A medida incorpora novas áreas como enfermidades otorrinolaringolóxicas, renais e óseas, garantindo o acceso homoxéneo en todas as comunidades autónomas.
  comenta   0
O grupo logrou unha axuda de 25.000 euros para avanzar na investigación do osteosarcoma.
Actívanse os niveis 2 e 3 do plan de prevención por altas temperaturas en zonas de Ourense, Lugo e Pontevedra, con suspensión de actividades e recomendacións para grupos de risco
  comenta   0
Antonio Gómez Caamaño resalta a importancia do rexistro de pacientes e a aposta pola investigación durante o Congreso Nacional de Esclerodermia celebrado en Santiago
  comenta   0
A CIG-Servizos, organizadora da concentración, alertou de que esa "sobrecarga de traballo" está, á súa vez, "provocando enfermidades músculo-esqueléticas, psicolóxicas, tensións e ansiedade".
  comenta   0
A rata negra, hóspede histórica da peste, nunca se foi de todo, só se viu desprazada pola colonización da rata gris. Hoxe déixase ver de novo por Madrid, Sevilla e outras cidades españolas, lonxe de sumidoiros, entre árbores e cornixas. Así o asegura Jorge Galván, director xeral da Asociación Nacional de Empresas de Sanidade Ambiental.
  comenta   1
As altas temperaturas, a presión urbanística e a falta de infraestruturas modernas favorecen a proliferación de pragas. En España xa falamos de tropicalización do clime e de enfermidades que antes só soaban nos trópicos. Jorge Galván, presidente da Asociación Nacional de Empresas de Sanidad Ambiental, reflexiona sobre as principais preocupacións a nivel de salubridade na actualidade.
  comenta   0
As propiedades da semaglutida "melloran a sensibilidade da insulina e reducen a cantidade de tecido adiposo epicárdico", polo que podería ser unha estratexia terapéutica preventiva en pacientes con patoloxía cardiovascular, tal e como sinalan dende o IDIS.
  comenta   0
Nun momento no que a medicina personalizada promete revolucionar a forma de tratar enfermidades, cada novo fármaco que chega ás farmacias é o resultado dun proceso titánico que mestura ciencia básica, tecnoloxía avanzada, regulación estrita e, sobre todo, un compromiso colectivo por mellorar a vida das persoas.
  comenta   0
Galicia concentra a maioría dos focos de influenza aviaria de alta patoxenicidade detectados en aves silvestres en España. O investigador Antonio Figueiras (IIM-CSIC) advirte da súa conexión con brotes en mamíferos e o seu impacto sobre o ecosistema mariño.
  comenta   0
A calor extrema situouse como a principal causa de mortalidade asociada ao cambio climático nos últimos tres anos, producindo 4.813 mortes en 2022; 3.009 en 2023; e 2.012 en 2024.
  comenta   0
O obxectivo son as persoas menores de 65 anos con alto risco de contraer esta infección de transmisión sexual.
  comenta   0
En concreto, un 90,4 % das augas analizadas oficialmente en Galicia obtiveron a cualificación de excelente, fronte ao 87,6 % da media nacional e ao 85,1 % da Unión Europea.
  comenta   0
Quere substituír esas visitas 'in situ' polo monitoreo vía satélite, unha medida que responde directamente as peticións dos Estados membro.
  comenta   0
"Moitos artigos da nosa prensa especializada falan de que no ano 2050 a metade da poboación con hábitos de vida occidentalizados vai ter un problema alérxico, é dicir, fálase dunha epidemia non infecciosa", indican dende a Sociedade Española de Inmunología Clínica Alergología e Asma Pediátrica (SEICAP).
  comenta   0
A Estación Fitopatolóxica de Areeiro detecta síntomas en plantas tratadas e sen tratar e alerta sobre o impacto da choiva noutras enfermidades vexetais
  comenta   0
En Galicia non hai un rexistro actualizado de persoas electrodependentes que permita ás compañías eléctricas ou aos servizos de emerxencia priorizar a súa atención en caso de apagamento. É vital que as Administracións deseñen medidas específicas para protexer a estes pacientes, xa sexa mediante a dotación de xeradores, baterías de respaldo ou sistemas de aviso prioritario para situacións de corte de luz.
  comenta   0
Ás críticas de sindicatos profesinais, súmase agora ao do Colexio de Médicos. A institución lembra que esta práctica xa forma parte da carteira de servizos desde hai décadas.
  comenta   0
Mónica García busa que desta forma se poida reducir "a incidencia de enfermidades cardiovasculares, de cancros e de todos os problemas que nos trae o tabaco como sociedade e como Sistema Nacional de Saúde".
  comenta   0
"Fábricas como Ence e Elnosa empregaron durante décadas unha tecnoloxía baseada na produción de celulosa tipo 'kraft', igual á prevista agora por Altri", di a neurocientífica galega Sonia Villapol. "A pesar da súa longa actividade, non existen estudos epidemiolóxicos públicos e independentes que analicen a relación entre a exposición aos contaminantes industriais e a incidencia de enfermidades nas poboacións próximas nin nos seus traballadores".
  comenta   0
"A dimensión do proxecto, o seu consumo desmesurado de recursos naturais, a súa proximidade a núcleos habitados e a acumulación de riscos ambientais e sociais, deixan claro que non estamos ante un risco hipotético, senón ante unha ameaza certa, previsible e perfectamente evitable", denuncia a neurocientífica galega Sonia Villapol.
  comenta   0
A Toño ningún médico soubo dicirlle cal é exactamente a enfermidade que padece, por iso o tratamento que recibe é só para paliar os seus síntomas, como as dores nos pés, o formigueo, o exceso de salivación ou a fatiga ao respirar.
  comenta   0
Aos seus 51 anos, Sonia leva toda a vida no sector do mar. Comezou saíndo mariscar a frote e rematou cambiando ao marisqueo a pé. Pasou dun sector monopolizado por homes a un no que practicamente todas son mulleres. Lamenta que na actualidade moitas teñen xa idades avanzadas nas que os problemas fan mella e a realidade do marisqueo xa non é a de antes, apenas dá para vivir compaxinándoo con outros traballos.
  comenta   0
Sandra Amézaga, secretaria da asociación Mulleres Salgadas, lamenta que no sector do mar, como en moitos outros, "existe unha tendencia xeral: cando un traballo non está ben remunerado, é básico e custoso e require de moita man de obra, desempéñano mulleres; pero, cando xa se convirte nun oficio con recoñecemento social, con bos salarios e mellores condicións, empezan a entrar nel os homes, que rematan por apropiarse do mesmo e por exercer o liderado".
  comenta   0
Antonio Tova de Llano, psicólogo especializado en adiccións, aposta por sumar ás medidas prohibitivas e preventivas que propón o novo proxecto de lei do Goberno central sobre menores e alcol a educación, como piar fundamental de todas as demais estratexias que se implementen a nivel multifactorial. Sinala que familia, amigos e referentes en redes poden contribuír a que os menores normalicen o consumo da substancia.
  comenta   0
O administrador único de Sargadelos, Segismundo García, instou por carta a Inspección de Traballo a "pechar e precintar" a fábrica tras recibir unha multa de 5.000 euros.
  comenta   0
Un estudo revela que este antiinflamatorio inhibe un receptor clave na regulación da glicosa no corpo.
  comenta   0
Serán en polo menos 48 localizacións do catro provincias galegas e as persoas que dean positivo serán derivadas ao sistema sanitario.
  comenta   0