Máis de 107.000 visitantes rexistraron os seus datos de contacto no sistema de control da pandemia en Galicia

Un total de 107.412 persoas proporcionaron os seus datos de contacto no rexistro de viaxeiros que puxo en marcha a Consellería de Sanidade o pasado día 29 de xullo en relación coa xestión da pandemia de COVID-19.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 03/08/2020 | Actualizada ás 18:59

Comparte esta noticia

Un total de 107.412 persoas proporcionaron os seus datos de contacto no rexistro de viaxeiros que puxo en marcha a Consellería de Sanidade o pasado día 29 de xullo en relación coa xestión da pandemia de COVID-19.

Praia das Catedrais, en Ribadeo
Praia das Catedrais, en Ribadeo | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

Delas, 62.446, o 58,1% do total, proceden das distintas comunidades autónomas con comunicación obrigatoria, concretamente 29.783 do País Vasco, 24.150 de Cataluña, 3.674 de Aragón, 3.011 de Navarra e 1.828 da Rioxa.

Así mesmo, rexistráronse 449 viaxeiros que chegaron dos países cun risco epidemiolóxico máis elevado. Concretamente 121 desde Estados Unidos, 75 de Luxemburgo, 75 de México, 46 de Brasil, 42 da República Dominicana, 33 de Romanía, 22 de Chile, 16 de Ecuador, 11 de Perú e 8 de Colombia.

O resto dos casos corresponden a viaxeiros doutros países con risco epidemiolóxico menos elevado que os anteriormente citados ou a viaxeiros que se rexistraron voluntariamente, xa que proveñen de comunidades autónomas e países que non son de declaración obrigatoria.

A Consellería de Sanidade lembra que todos os viaxeiros que cheguen a Galicia, tras permanecer dentro do período de 14 días anteriores á súa chegada en territorios que posúan unha incidencia epidemiolóxica 3,5 veces superior á de Galicia, deberán comunicar os seus datos de contacto ás autoridades sanitarias. Esta norma é de obrigado cumprimento, independentemente de que os viaxeiros residan en Galicia ou non.

As persoas que visiten Galicia, teñen 24 horas desde a súa chegada para comunicar os seus datos de contacto, un trámite que terán que realizar cada un deles. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta