USO denuncia a agresión dun interno a tres vixiantes nun centro de menores en Ourense

Di que queda "en evidencia" a falta de medios humanos

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 04/08/2020 | Actualizada ás 18:21

Comparte esta noticia

A Federación de Traballadores de Seguridade Privada da Unión Sindical Obreira (FTSP-USO) denuncia a agresión dun interno a tres vixiantes no centro de menores Montefiz, na cidade de Ourense.

Agresión a un dos vixiantes dun centro de menores de Ourense
Agresión a un dos vixiantes dun centro de menores de Ourense | Fonte: USO.

O sindicato quéixase de que esta agresión "deixa en evidencia" a falta de medios humanos e técnicos cos que contan estes profesionais para realizar o seu traballo.

Así, reivindica a implantación de máis efectivos por módulo e a dotación de chalecos anticorte tras as lesións sufridas o luns por estes vixiantes de seguridade.

Segundo o relato de USO, un interno do centro preparou un azulexo a modo de coitelo para atacar ao vixiante do módulo, momento no que dous dos seus compañeiros acudiron en apoio do mesmo para proceder a reducilo.

"A agresión saldouse co resultado de varias lesións sufridas polo tres vixiantes, como tres picadas nas costas, un corte nun brazo, nun ollo e outro corte á altura do pescozo", informa o sindicato.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta