Detido un home de 62 anos por tráfico de drogas en varios locais de Ourense

Por E.P. | OURENSE | 06/08/2020 | Actualizada ás 14:11

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional de Ourense detiveron a un home natural de Pontevedra como presunto autor dun delito de tráfico de drogas, cocaína, haxix e marihuana, en distintos establecementos da cidade de Ourense.

Segundo informou a Policía Nacional, o Grupo de Estupefacientes iniciou no mes de maio unha investigación sobre un home de 62 anos que se dedicaba á venda de sustancias estupefacientes como cocaína, haxix e marihuana.

A Policía indicou que sempre adoitaba levar pouca cantidade encima, motivo polo cal as veces que foi interceptado, mesmo en período de estado de alarma, "a intervención equivale a unha sación administrativa".

Material intervido a un detido por tráfico de drogas en varios locais de Ourense.. POLICÍA NACIONAL
Material intervido a un detido por tráfico de drogas en varios locais de Ourense.. POLICÍA NACIONAL | Fonte: Europa Press

O detido foi identificado como un home de 62 anos de idade, natural de Pontevedra, cun arresto anterior. Quedou en liberdade en dependencias policiais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta