O galego, materia troncal

Por moito que lamentemos o inicio dos trámites por parte da Xunta de Galicia para recorrer diante do Tribunal Supremo a sentenza do TSXG sobre o decreto de plurilingüismo, non podemos esquecer o risco que supón que no anteproxecto da LOMCE a lingua e literatura galega non sexa considerada como materia troncal no currículum da ESO e do Bacharelato.

Por Manuel Bragado | Vigo | 07/03/2013

Comparte esta noticia

Na última versión da chamada «Lei Wert», presentada a ditame do Consello de Estado, as linguas cooficiais na Educación Secundaria quedan incluídas dentro do bloque de «asignaturas de libre configuración autonómica», perdendo a súa condición de materia troncal, que pola contra conservan a lingua castelá e a primeira lingua estranxeira.

De non modificarse no trámite parlamentario esta consideración, podería ter importantes consecuencias á hora da realización das reválidas ao remate da ESO e do Bacharelato, onde para o alumnado só sería obrigatorio examinarse das materias troncais, contando con posibilidades de elección entre o resto das materias específicas e optativas.

Non hai dúbida de que a lingua e literatura galega debe formar parte do núcleo de materias obrigatorias nestas probas finais de etapa. O contrario, a pesar de contar coas mesmas horas lectivas ca o castelán, provocaría outro gravísimo retroceso no estatus educativo da lingua galega. bretemas.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA