O PSOE propón a César Poza para a Alcaldía de Vilaboa tras a dimisión de Francisco Costa

Precisa do apoio do BNG para ser elixido como rexedor.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 13/08/2020 | Actualizada ás 11:51

Comparte esta noticia

César Poza (Vilaboa, 1976) foi elixido polos seus comapñeros do PSdeG como candidato á Alcaldía de Vilaboa (Pontevedra) tras a dimisión de Francisco Costa, que renunciou ao cargo por motivos persoais o pasado día 7 de agosto.

Segundo informaron o PSOE nun comunicado, César Poza será proposto polos seus compañeiros no pleno que terá lugar o próximo día 20 de agosto, no que tomerá posesión da acta de edil en substitución do anteior alcalde, que tamén renuncia ao seu cargo como concelleiro.

"Se o pleno do Concello me dá o seu respaldo, o meu despacho estará sempre aberto para todo o munco. Vou ser un alcalde de visitar cada barrio, de vivir o día a día de Vilaboa", sinala César Poza.

Para ser elixido, necesitará o apoio dos nacionalista tendo en conta que, nas pasadas eleccións, o PSOE fíxose con seis edís, o PP con catro e o BNG de tres.

Casa Consistorial de Vilaboa
Casa Consistorial de Vilaboa

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta