As posibilidades de Rouco Varela de ser Papa

Non conta co apoio do conxunto da Igrexa galega. A súa idade, a apertura dun proceso contra Torres Queiruga e os seus procedementos, máis políticos que teolóxicos, xogan na súa contra. A favor, os grupos máis conservadores e o control da Cope e 13 TV.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 12/03/2013 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

As posibilidades de Antonio Rouco Varela, cardeal de Madrid e presidente da Conferencia Episcopal Española, de ser o vindeiro Papa son remotos. E non é polo interese do propio prelado e do conclomerado mediático que controla --Cope e 13 TV--, senón por varios factores que fan que o seu nome non estea nas quinielas.

Antonio Rouco Varela
Antonio Rouco Varela | Fonte: luis-viadel.blogspot.com

Unha das condicións que os participantes no Cónclave vaticano buscan para o novo Papa é que non sexa nin moi novo, nin moi vello. Sitúan a idade ideal entre os 60 e 70 anos, en parte, para evitar o que xa aconteceu con Bieto XVI e procurar, deste xeito, máis estabilidade na xefatura da Igrexa Católica. 

Esta condición xoga en contra de Rouco Varela que, con 77 anos, está xa no límite da súa participación como elector e elexible nun cónclave papal. De feito, esta pode ser a súa última oportunidade para converterse no vindeiro Papa.

Pero é sobre todo a politización da Conferencia Episcopal o que pode xogar, verdadeiramente, na súa contra. E é que Rouco conta con importantes detractores na Igrexa peninsular. Os procesos abertos contra os teólogos José Antonio Pagola, en Euskadi, e Andrés Torres Queiruga, en Galicia, granxearonlle a animadversión de boa parte das igrexas vasca e galega. 

Contra os teólogos

Precisamente, estes días, Rouco Varela recibía un revés importante xa que a resolución definitiva da Concregación Vaticana para a Doutrina de Fé foi favorable ao teólogo vasco. O dictame vaticano sinala que non hai ningunha contradición entre as ensinanzas da Igrexa e o libro "Xesús. Aproximación histórica", de Pagola. A Comisión Permanente do Foro de Curas de Bizkaia respaldaba esta decisión e amosaba o seu total apoio ao teólogo.

Segundo fontes consultadas por GC, o caso de Pagola é moi semellante ao de Andrés Torres Queiruga a quen, a comezos do pasado ano, a Comisión Episcopal para a Doutrina da Fe, de España, abriu un proceso contra as súas obras teolóxicas por "aventurar proposicións contrarias ás verdades reveladas e á doutrina común da Igrexa Católica". "É moi boa nova para Torres Queiruga e moi mala para Rouco", sinala un eclesiástico consultado aludindo, sobre todo, ao momento actual da Igrexa, en plena elección papal.

As acusacións contra Pagola e Torres Queiruga foron moi mal acollida en boa parte da Igrexa. Recoñecidos teólogos como Juan José Tamayo ou o propio XXXII Congreso de Teoloxía deron o seu apoio aos procesados.

Posicións encontradas en Galicia

Tamén o proceso aberto contra o teólogo galego provocou un pequeno cisma na Igrexa galega. Luis Quinteiro, bisco de Ourense, e Alfonso Carasco, ex bispo de Lugo, opuxeronse contundentemente. Posteriormente, o arcebispo de Santiago, Xulián Barrio, e o novo bispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco --sobriño do propio Rouco-- intercederon a favor de Torres Queiruga e lle pediron a Rouco Varela que non continuara co proceso. Unha petición que lle sentou moi mal ao cardeal de Madrid, "pouco acostumado a que repliquen as súas ordes".

"Desde entón, a relación con eles é tensa", apuntan as fontes consultadas que din que este episodio provocou que parte da Igrexa galega lle retirara o apoio ao presidente da Conferencia Episcopal. Unha situación que ademais xa estaba tensa polos problemas económicos detectados no Bispado ourensá e que remataron co traslado do seu bispo titular, Luis Quinteiro, á diócese de Tui-Vigo.

"Politización"

É que non son poucos os que denuncian a "politización" das decisións doctrinais de Rouco Varela. Acusano de actuar máis en función de ideas políticas que de ideas relixiosas. "E unha boa mostra desa actitude son os procesos que iniciou contra Pagola ou Torres Queiruga aos que acusa de nacionalistas", sinalan as fontes consultadas. 

Non son poucos os teólogos e os relixiosos que o acusan de ser o "brazo relixioso" do Partido Popular e mesmo denuncian a súa "gran amizade" con políticos desta formación, como Ana Botella ou Esperanza Aguirre e, principalmente, co ministro Jorge Fernández Díaz. De feito, Rouco Varela encabezou numerosas protestas contra o anterior goberno do PSOE co apoio de importantes movementos relixiosos como o Opus Dei e o Movemento Neocatecumal --os chamados "kikos"-- e mesmo cos lexionarios de Cristo. Pero, sen dúbida, é con Comunión e Liberación, con quen o cardenal de Madrid se sinte máis identificado.

Esa oposición ao PSOE iniciouse cunha manifestación en Madrid en xuño de 2005, a favor da familia cristiá, á que asistiron 18 bispos. Houbo máis mostras do poder da Igrexa nesa época; en xullo de 2006 coa visita de Bieito XVI a Valencia, en decembro de 2007 (a tres meses das eleccións xerais de marzo de 2008) cunha misa-concentración no centro de Madrid que contou con miles de "kikos" e 42 bispos. Logo do éxito desta marcha, Kiko Argüello, fundador dos 'Kikos' convocou anualmente a mesma marcha. A última gran manifestación de poder de Rouco foi a Xornada Mundial da Mocidade, no mes de agosto de 2011, tres meses antes da convocatoria electoral.

Sen embargo, Rouco Varela tamén gañou inimigos polos seus polémicos nomeamentos no campo eclesiástico. Diferentes cóengos denunciaron o "nomeamento a dedo" como deán do cabildo madrileño de César Franco, bispo auxiliar de Madrid. 

Apoio mediático

O relixioso de Vilalva conta co apoio dun sector importante da Igrexa española. Un soporte que lle chega grazas ao férreo control do brazo mediático da Conferencia Episcopal; a Cope e 13 TV. Un dos seus obxectivos é artellar un grupo mediático que poida presionar ao poder político e, chegado o caso, impulsar un partido político católico ao xeito italiano. 

Fernando Giménez Barriocanal, un "kiko", é quen domina este conglomerado mediático coa atenta supervisión do propio Rouco e con éxitos importantes como a fichaxe dos "tres manolos" da Ser, o acordo de fusión e de colaboración con ABC-Punto Radio e a última fichaxe de Antonio Jiménez, presentador estrela de "El gato al agua" de Intereconomía, para presentar un novo espazo en 13 TV.

Precisamente, este movemento provocou a ira deste grupo mediático católico. En xaneiro de 2013, a toda páxina, este grupo de comunicación que preside Julio Ariza, publicou un duro comunicado contra Rouco Varela e aos seus bispos máis adictos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

5 pjrngw

Ave María purísima. Gallegos todos, hermanos en Cristo: Si el Espíritu Santo tiene a bien que este obispo de Constantinopla sea el nuevo sucesor de Pedro, tened por seguro que el nuevo pontífice llevará el nombre de Francisco Franco I, en honor a nuestro invicto y santo Caudillo.

1 pjrngw

No obstante, si la Providencia no quisiere otorgar tan alto honor a este pastor de almas, mucho me agradaría que ello recayese en algunos de mis compinches en el facherío, como por ejemplo don Rouco Varela lo importante es la pela, teniendo en cuenta las necesidades económicas que tiene la Iglesia para llevar almas al cielo. Precisamente en estos días este obispo ha estado teniendo momentos de sano esparcimiento junto con otros colegas de la curia cardenalicia en esta Ciudad Santa de Roma y la Santa Sede, y ayer sin ir más lejos estuvimos de marcha hasta altas horas de la madrugada degustando fino vino de misa y bebidas espirituosas junto con lo más ilustre de la jerarquía de la Iglesia, fachas como Dios manda, y eso hizo que haya llegado un poco colocado al cónclave y la santa misa previa, lo cual espero que no sea impedimento para cumplir las órdenes que me dé el Espíritu Santo a la hora de este primer día de votación.

2 pjrngw

Este ministro del Señor está escribiendo desde su ordenador portátil en un rincón de la santa Capilla Sixtina. ¡Viva el cónclave, hip! ¡Cómo mola esto! ¡Qué alegría cuando me dijeron que ha vuelto a ganar el PP, ya está frotándose las manos la Conferencia episcopal! Palabra de Dios.

4 predictor

Creo que propoñen a Bieito Rubido secretario de medios pontificios e a tempo parcial sacristan en Cedeira, a Paco Vazquez concedenlle a corresponsalía de El Observatore Romano en Monte Alto e Labañou na Coruña e a presidencia deo Fogae do Xubilado de Meicende . A Miguel Cancio copresentador de Salvame Deluxe e asesor de Belen Esteban . To esto se gana Rouco claro y alto.

3 Celestino

Se Rouco sae Papa o camarlengo debera ser Ramón Villares

2 Spidercan

Eu si que apoio a Rouco Varela. Porque é un galego coma tí (ha,ha,ha)

1 xesuíta

Se non é el será outro coma el. A Igrexa, desde Xoán Paulo II, leva unha deriva que ou hai outro Concilio Vaticano II o non ten xa remedio. Comezo a moitos sacerdotes que se están retirando a pequenas comunidades cansos dos manexos da curia.