Investigada unha muller por presunto furto de material informático en Ourense

A persoa que substraeu os efectos dispuña de chaves da oficina, "posto que non había nada forzado e, cando se decataron da falta du computador, a oficina estaba perfectamente pechada".

Por E.P. | OURENSE | 14/08/2020 | Actualizada ás 16:33

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional de Ourense investigan a unha muller pola comisión dun delito de furto na empresa na cal traballa ao levarse material informático. A traballadora, ademais, estaba de baixa desde hai dous meses.

Segundo relatou a Policía Nacional, na mañá do 4 de agosto presentouse unha denuncia pola desaparición dun computador persoal, un teclado, unha cámara de videoconferencia e dous monitores da oficina dunha empresa.

O Grupo de UDEV realizou a investigación do feito delituoso e constatou que a persoa que accedeu á oficina e subtraeu os efectos dispuña de chaves da mesma, "posto que non había nada forzado e, cando se decataron da falta do computador, a oficina estaba perfectamente pechada", sinalaron as mesmas fontes.

Por iso, as pescudas conduciron a cualificar de investigada a unha das empregadas desta oficina como consecuencia da comisión dun delito de furto. A presunta autora estaba de baixa nesta empresa había dous meses.

Un coche patrulla.. POLICÍA NACIONAL - Arquivo
Un coche patrulla.. POLICÍA NACIONAL - Arquivo

TRÁFICO DE DROGAS

Axentes da Policía Nacional de Ourense detiveron a un home veciño deste municipio con antecedentes como presunto autor dun delito de tráfico de drogas en vía pública.

Segundo informou a Policía Nacional, o Grupo de Seguridade Cidadá UPR (Unidade de Prevención e Reacción) da Comisaría Provincial de Ourense, no marco do plan establecido contra a venda de sustancias estupefacientes en distintas zonas da cidade sinaladas como puntos negros de lugar de venda, trapicheo e consumo a pequena escala, despregaron un dispositivo no que detectaron a dous individuos na rúa Manuel Lago "en actitude sospeitosa".

As mesmas fontes relataron que os policías desprazados procederon darlle o alto e a realizar un cacheo superficial de seguridade, no que lle interviñeron a un deles 11 envoltorios con haxix, dúas landras tamén esta susrancia e billetes fraccionados varios, polo que concluíron "a predisposición para a súa venda", engadiron.

O detido foi identificado como un home de 52 anos de idade natural de Ourense, ao que lle constan nove arrestos anteriores.

ROUBO CON INTIMIDACIÓN

Axentes da Policía Nacional de Ourense detiveron a un home con antecedentes como presunto autor dun delito de roubo con intimidación perpetrado nun establecemento comercial da zona centro da cidade onde, tras intimidar a un empregado esixiulle a recadación da caixa.

Segundo informou a Policía Nacional, os feitos sucederon o día 13 de agosto sobre as 21,00 horas cando traballaba no seu establecemento comercial e un home de complexión forte entrou no seu local e, unha vez preto do mostrador, intimidoulle mentres lle pedía a recadación da caixa, ante o que a vítima activou a alarma de atraco, polo que este home abandonou o establecemento.

Os axentes de policía da Brigada de Seguridade Cidadá despois de entrevistarse co requirente montou un dispositivo operativo de procura, "acoutando as zonas lindeiras e sendo localizado transcorridos 20 minutos da comisión do feito na praza Santa Magdalena", sinalou a Policía. Achárono indocumentado e procederon á súa detención por un delito de roubo con intimidación despois de ser comprobada a súa presunta autoría.

O detido foi identificado como un home de 48 anos de idade, natural de Marrocos, ao que lle constan cuartro arrestos anteriores. Estaba previsto este venres o seu pase a disposición xudicial.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta