As redes galegas homenaxean a Lorca no aniversario do seu asasinato

Tuiteiros das catro provincias reivindican a figura do autor de "Seis poemas galegos".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/08/2020 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

Este martes 18 de agosto cúmprense 84 anos da data na que se estima foi fusilado o poeta Federico García Lorca a mans dos soldados do Bando Nacional. O máximo expoñente da xeración do 27, malia ter nacido en Granada, deixou patente o seu vencello coa lingua e a cultura galega na obra 'Seis poemas galegos', publicada orixinalmente pola editorial Nós.

Federico García Lorca
Federico García Lorca

Esta inclinación de Lorca foi posta en valor polos tuiteiros galegos que, con motivo da efeméride do poeta, aproveitaron para reivindicar a súa figura. Entre os usuarios que prestaron homenaxe ó autor de 'Poeta en Nueva York' e 'Bodas de Sangre' atópase a Academia Galega e diversos autores da literatura contemporánea.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta