Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/08/2020 | Actualizada ás 16:04
O brote relacionado cun cámping da localidade coruñesa de Muros ascende a oito casos, tras obter resultado positivo outra persoa vinculada, informou a área Sanitaria de Santiago e Barbanza.
As mesmas fontes sanitarias explicaron que leva a cabo un estudo de contactos deste novo caso, con domicilio en Santiago de Compostela.
O sábado pasado coñecéronse os positivos de dúas persoas que se aloxaron nos últimos días nas instalacións. O rastrexo levara a illar a outros 23 usuarios das mesmas, considerados contactos estreitos e que se fixeron unha PRC. As probas arroxaron tres positivos, aos que se sumaron xa outro cinco.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.