Adán: "O BNG ten paredes de cristal grazas a Internet"

A fronte, que elixirá a Xavier Vence novo voceiro na Asemblea Nacional desta fin de semana, destaca a audiencia do blogue “#Contigo17M”.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 15/03/2013 | Actualizada ás 18:11

Comparte esta noticia

Este domingo, 17 de marzo, o Bloque Nacionalista Galego celebrará a súa Asemblea Nacional, onde se definirán e aprobarán as súas teses políticas para os vindeiros anos, así como a súa Executiva Nacional. A lista que lidera o catedrático Xavier Vence, que conta co apoio da Unión do Pobo Galego (UPG) e independentes, é a única presentada tras a renuncia de Abrente, a corrente máis próxima á socialdemocracia, a presentar batalla.

Acreditándose no mercando de gando de Amio, sede dunha das asembleas nacionais do BNG
Acreditándose no mercando de gando de Amio, sede dunha das asembleas nacionais do BNG

Na véspera do encontro, dende o Bloque destacan a súa aposta polas redes como alternativa de comunicación coa militancia. "Nun momento que consideramos crítico para Galiza debido á deriva anti-social e á perda de capacidade de decisión dos galegos e galegas, unha das novidades desta asemblea foi a realización dun blogue en que o BNG lle deu resposta a decenas de preguntas da militancia e da cidadanía sobre a situación actual, sobre a propia asemblea, sober as teses que se aprobarán nela e sobre o futuro da organización frontista".

Con "máis de 3000 visitas en tres semanas", o blogue “#Contigo17M” é, en opinión da fronte, "pioneiro neste achegamento das teses dunha organización política ao pobo en xeral, facendo uso, ademais, das redes sociais, onde todas as persoas interesadas poden opinar sobre a Asemblea e sobre o BNG, facer preguntas -máis de 60 desde o inicio- ou debullar as teses parágrafo a parágrafo". 

Como informou GC, “#Contigo17M” está resxistrado por Pan y Chorizo, empresa do consultor externo contratado tras o fiasco das eleccións galegas para mellorar a imaxe dos nacionalistas. A derrota electoral é un dos factores que levaron ao Bloque a executar un ERE entre algúns traballadores da Sede Nacional, incluídos media ducia de xornalistas. A decisión de empregar un consultor externo pouco despois causou sorpresa entre estes ex-traballadores.

A responsábel de Comunicación do BNG, Carme Adán, valora positivamente a campaña pre-asemblear da formación frontista na rede e congratúlase de que organizacións como o BNG “teñan paredes de cristal, onde a internet desenvolve un papel fundamental”. A nacionalista pon de manifesto que “é o momento do ciberactivismo e de sumar ao nacionalismo miles de persoas novas que entenden a comunicación, tamén, desde a rede”, conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

5 Xurxo Remeseiro

A UPG continua facendo ciencia-ficción. Felizmente temos outras opcións...

4 anonimo

De termos un PG cun Bóveda, cun Otero, cun Castelao, cun Ánxel Casal...a acabar nisto. A decadencia benegalla continúa. E desa especie de Beppe Grillo compostelán e a súa comparsa de aplaudidores do esquerdismo español, mellor nin falar.

3 tribuna da plebe

Frikijoles esta gobernando gracias as tontadas de vieiras...co vieiras dereitismo e expañolismo para moitos anos JEAN PAUL MARAT FOI GRANDE

2 Mago de Oz

Adán no pais das maravillas. Esta muller vive nunha nube de irrealidade permanente. Menos mal que non a quixeron para a nova executiva que vai sair mañá. Cecais por despecho esta nunha aloucada carreira de promoción persoal, na que di este tipo de cousas e titulares alambicados e peliculeiros pouco cribeis como "paredes de cristal" que lle fará o presunto "gurú" asesor liberal contratado por ela e que tamén asesora ao PSOE e PP. Como o BNG non enmende o rumbo, irá a peor.

1 Alonso Vidal (Tui)

Que não a quiseram para a Executiva? Tu não te inteiras de nada. Rogarom-lhe uma e outra vez, quase lhe fazem uma "encerrona" numa sala para que aceitasse, mas ela prefiriu ceder protagonismo para facilitar a renovação da cúpula. Ainda assim tivo que ceder estar de nº 16 da lista ao CN -a primeira que não vai na executiva. É a mulher mais preparada, intelectualmente, sempre do meu ponto de vista, para dirigir o BNG. E ainda para além disso é uma dessas pessoas que trabalha 18 horas ao día. Quem criou as Galescolas? quem as leis de dependência e igualdade? Quem, depois deo seu trabalho diário, ainda hoje, fica horas no despacho, por exemplo para enviar notas de imprensa? Suponho que estará queimada já por tanto trabalho polo BNG e porque quatro elemntos como tu se dedicam a difamar, simplesmente, sem nenhum conhecimento de causa.

2 Poidera estar no Psoe

Pois a min dixéronme que presentou unha lista completa de candidatura encabezada por ela, que ao final retirou, co que o de facilitar a renovación, vai ser que non. O das notas de prensa, que mal, quitándolle o traballo aos xornalistas (por iso os despediron e trouxeron a Santiago Martinez , un asesor que traballa ao tempo para o PSOE). Fíxate se non temos coñecemento de causa.

1 militante

3.000 visitas???. Pero esta muller sabe o que son 3.000 visitas en tres semanas? Máis ou menos será o nùmero de compromisarios da Asemblea. A verdade é que un choiazo o deste consultor.