Cambre multou a 80 persoas por non levar máscara nas últimas dúas semanas

Outras cinco foron denunciadas por non querer identificarse ou por faltas de respecto aos axentes.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 22/08/2020 | Actualizada ás 11:33

Comparte esta noticia

A Policía Local de Cambre puxo 80 multas a persoas que non levaban a máscara obrigatoria nas últimas dúas semanas, informou este sábado nun comunicado o Concello, que agrega que outras cinco persoas foron denunciadas por non querer identificarse ou por faltas de respecto aos axentes.

Este concello, un dos que se atopan sometidos a restricións especiais pola situación epidemiolóxica na área sanitaria da Coruña-Cee, deu unha orde aos axentes locais para intensificar os controis, co obxectivo de "supervisar que os veciños e veciñas están a cumprir as normas" anunciadas pola Xunta.

Nos primeiros días coa nova normativa houbo "un maior número de multas" por non levar a máscara, pero os axentes notaron que os veciños "son cada vez máis conscientes da necesidade de levala en todo momento", agregou o Concello.

O alcalde, Óscar García Patiño, e o concelleiro de Desenvolvemento Económico, Diego Alcantarilla, reuníronse esta semana con hostaleiros do municipio para abordar as normas que se aplican na comarca. No encontro, no que estiveron unha veitena de restauradores e hostaleiros analizáronse a prohibición de fumar se non hai unha distancia de dous metros, as separacións entre mesas e outras cuestións.

Dúas persoas camiñan con máscara
Dúas persoas camiñan con máscara | Fonte: María José López - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta