"Calquera sendeirista ten máis directrices que un cazador disparando"

Libera denuncia cazarías de 15 persoas mentres se limitan as reunións a dez.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2020 | Actualizada ás 09:20

Comparte esta noticia

A asociación animalista Libera recriminou á Xunta que autorice cazarías de 15 persoas mentres limita as reunións sociais a un máximo de 10.

Nun comunicado, denuncia que a Xunta de Galicia non desenvolveu medidas de contención ou prevención contra a COVID-19 no ámbito cinexético, de forma que tan só existen "pseudoprotocolos" unicamente validados por entes de cazadores.

Os animalistas advirten que a apertura de "tempada de caza maior" non levou aparellada a publicación no Diario Oficial de Galicia de actuacións básicas para os participantes. Reprocha que se esixe unicamente a máscara hixiénica, á vez que autoriza modalidades colectivas.

De feito, afea que "calquera senderista ten máis directrices que un cazador disparando". Por iso, reclama que o Goberno galego elabore un protocolo único de forma urxente e inste os cazadores a cumprir coas esixencias sanitarias aplicables á poboación.

MÁIS DE MEDIO MILLÓN DE FIRMAS

Noutra orde de cousas, Libera informa de que se superaron as 511.000 firmas nunha petición de Change.org para reclamar unha Lei Marco de Protección Animal que contemple medidas máis avanzadas que a norma galega.

Cazadores
Cazadores | Fonte: FEDEXCAZA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Deportista

Os cazadores están totalmente descontrolados, onte facendo batidas de xabarín sen sinalizar (en sábado) en Vila de Cruces. Van a matar a alguén, e non me refiro a matarse entre eles, como fan todos os anos, refírome a matar sendeiristas, deportistas, paseantes, nais e pais de familia que están dando un paseo. Non hai dereito!!. A Xunta non protexe aos cidadáns senón que promove actividades molestas, insalubres, nocivas e PERIGOSAS.

1 Alex1972

Eu xa coñezo casos deses de estar a piques dunha desgraza a familias con nenos que pasaban por alí.Non o entendo.