O Hospital Montecelo podería quedar sen sanitarios en corentena nos próximos días

A directora Asistencial da área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés agarda que os once profesionais illados sexan "alta" proximamente.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/08/2020 | Actualizada ás 14:21

Comparte esta noticia

A directora Asistencial da área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés, Sonia Fernández-Arruti Ferro, asegurou que esperan que os 11 profesionais do Hospital Montecelo que continúan en corentena por contacto cun paciente ingresado que deu positivo en coronavirus sexan "alta" nos "próximos días".

En declaracións difundidas pola área sanitaria, Sonia Fernández-Arruti Ferro, lembrou que un total de 51 profesionais deste centro tiveron que estar en corentena tras estar en contacto con este paciente, dos que só 11 continúan illados. Ademais, explicou que son tres as persoas que hai en corentena despois de que unha profesional do servizo de Urxencias deste centro dese positivo. Sobre este caso, indicou que non apareceron novos contaxios e que o tres traballadores illados tamén se poderán "incorporar ao seu posto de traballo en breve".

A directora Asistencial asegurou que o incremento de positivos detectado nos últimos días na área sanitaria de Pontevedra é algo que era "previsible" tendo en conta que durante o os días 15 e 16 de agosto prodúcense "moitas comidas familiares". Ademais, indicou que "o mal tempo non axudou" xa que moitas destas reunións celebráronse en "espazos pechados".

Por último, trasladou a súa preocupación polo incremento da idade media dos casos positivos. "Cada vez hai máis positivos en xente maior polo que aproveito para concienciar de que se minimicen as exposicións de risco", indicou para pedir que se opte polos "espazos abertos" e por "manter as medidas de protección", como o uso da máscara, a distancia e a hixiene de mans.

Un traballador sanitario protexido sostén unha das probetas utilizadas para a realización de tests PCR .. Ricardo Rubio - Europa Press
Un traballador sanitario protexido sostén unha das probetas utilizadas para a realización de tests PCR .. Ricardo Rubio - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta