Galicia proporá ao Goberno unha lei orgánica para que non haxa "17" estados de alarma

Critica a Pedro Sánchez por "non ter propostas alternativas" para afrontar a pandemia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2020 | Actualizada ás 14:47

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que Galicia remitirá ao Goberno do Estado unha proposta de lei orgánica que dea "ferramentas xurídicas" ás comunidades autónomas para xestionar a pandemia e mostrou o seu rexeitado á proposta dun estado de alarma "indefinido" con "17 respostas diferentes".

Así o avanzou este mércores nunha rolda de prensa na que volveu a reivindicar a necesidade de contar cun "instrumento específico", con "categoría de lei orgánica" para xestionar a pandemia da COVID-19. "Levamos cinco meses con esta reivindicación", manifestou Feijóo, que sinalou que nun momento no que "se incrementaron os brotes" obsérvase como "ás veces a xustiza ordinaria non acepta as propostas dos gobernos autonómicos".

Neste contexto e en relación á comparecencia do presidente Pedro Sánchez na que puxo a figura do estado de alarma a disposición das comunidades, manifestou a súa "decepción" ao comprobar que "non hai ningunha proposta alternativa máis que seguir prorrogando o estado de alarma de forma indefinida".

Neste sentido, incidiu na necesidade dun texto legal que permita decidir "con rapidez" as medidas que son necesarias "en cada caso, cada lugar e cada territorio". "Temos xa un borrador avanzado", explicou Feijóo, que precisou que concreta cuestións como as decisións que pode tomar un presidente autonómico sen necesidade de ratificación xudicial.

Todo iso nunha intervención na que rexeitou que se dean "17 respostas diferentes". "O lóxico é que se somos unha nación especialmente castigada, que non haxa 17 respostas diferentes", indicou.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, preside a reunión do Comité Clínico. DAVID CABEZÓN @ XUNTA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, preside a reunión do Comité Clínico. DAVID CABEZÓN @ XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Hoxe na rolda de prensa Feijoo acaba de gañarlle pola man ao "papaostias" de Pedro Sánchez! Alguén pode poñer unha tacha á reivindicación do Presidente de Galicia ? Certamente o único que existe sobre a mesa é Estado de Alarma en Novembro! Como siga así, vaise para Madrid ! A ministra Celáa non pasa de ser unha Pija de Neguri ! Bravo por Feijoo ! É a primeira vez que o digo e ogallá esto non sexa todo fume !