Estabilizado un incendio no concello de Crecente que afecta tamén ao de Cortegada

O incendio orixinouse ás 15,55 h. desta tarde e, segundo as primeiras estimacións, rolda as 20 hectáreas.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 29/08/2020 | Actualizada ás 20:20

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural informa de que quedou estabilizado ás 19,30 h. o lume rexistrado no concello pontevedrés de Crecente, parroquia de Filgueira, que tamén afecta o veciño municipio ourensán de Cortegada, parroquia de Rabiño.

Incendio.. Rosa Veiga - Europa Press
Incendio.. Rosa Veiga - Europa Press

O incendio orixinouse ás 15,55 h. desta tarde e, segundo as primeiras estimacións, rolda as 20 hectáreas.

Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. No control deste incendio levan traballado ata o momento 1 técnico, 8 axentes, 21 brigadas, 12 motobombas, 2 pas, 7 avións e 7 helicópteros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta