Un estudo conclúe que a pandemia aumentou a desigualdade escolar por falla de políticas da Xunta

Apunta que o Goberno galego e algúns docentes desatenderon as necesidades dos alumnos con maior dificultade social e avirte da necesidade de cambiar os sistemas educativos para favorecer un novo sistema educativo con prácticas sitemáticas proactivas. Unhas prácticas nas que a función do docente é fundamental.

Por Xurxo Salgado | Vigo | 31/08/2020 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

A declaración do estado de alarma, motivado pola alerta sanitaria do Covid-19, provocou un cambio nas dinámicas escolares.  Uns cambios de adaptación a teledocencia que provocaron dinámicas de desigualdade escolar, motivadas, en parte polo déficit de contacto entre alumnado e profesorado que nalgúns casos se limitou a intercambios puntuais de información.

Nenos
Nenos | Fonte: XUNTA DE GALICIA - Arquivo

Os resultados tamén apuntan que a escola e as políticas educativas en Galicia desatendenderon  a situación de maior dificultade social na que se atopa o alumnado en protección. A investigación indica que a escola en Galicia permanece allea ao estudiantado con medida administrativa de protección, a pesar de que a proposta de educación inclusiva da administración galega céntrase na atención a necesidades concretas de alumnado con diversidade funcional. 

“Pódese concluír que non estamos ante unha escola inclusiva, xa que para referirse nestes termos teriamos que falar dunha escola que teña en conta as necesidades de todo o alumnado, dando resposta a situacións socialmente diversas e a expectativas variadas. A escola en Galicia ten pendente adoptar unha práctica sistemática proactiva na facilitación da inclusión escolar do alumnado en protección”, apunta.

Son parte das conclusións ás que chegaron  Deibe Fernández-Simo, Xosé Manuel Cid Fernández e María Victoria Carrera Fernández, profesores da Facultade de Ciencias da Educación na Universidade de Vigo no estudo “Incidencia del Estado de Alarma en la Desigualdad Escolar de la Adolescencia Acogida por el Sistema de Protección en Galicia” publicada na Revista Internacional de Educación para la Justicia Social. Nesta investigación realizaron 11 seguimentos a adolescentes, cinco mozos e seis mozas, e a mostra de equipos educativos está composta por 11 educadoras e tres educadores. 

FALLA DE POLÍTICAS DA XUNTA

Os resultados indican que as actuacións docentes son alleas á dificultade social e recollen diversidade de estratexias dos centros educativos ante a falta de protocolos por parte da Xunta. “A riqueza de formas de afrontar a situación, algunhas delas contraditorias entre si, pode ser resultado dunha ausencia de política institucional do sistema educativo galego, especialmente no papel da escola como axente activo de inclusión social”, sinala.

Un adolescente realizando tarefas escolares durante o confinamento. Iñaki Berasaluce - Europa Press
Un adolescente realizando tarefas escolares durante o confinamento. Iñaki Berasaluce - Europa Press

Tamén se recollen déficits na estratexia socioeducativa da escola, o que apunta a unha falta de cultura institucional acerca da importancia do factor social no marco escolar. “A resposta ás necesidades do colectivo non se executa mediante unha acción puntual, senón cun cambio da cultura da institución”, suliñan os investigadores que insisten en que “os resultados apuntan a déficits do sistema educativo no apoio nos procesos académicos do colectivo”.

A proposta de educación inclusiva da administración galega céntrase na atención a necesidades concretas de alumnado con diversidade funcional. A investigación indica que a escola en Galicia permanece allea ao estudantado como medida administrativa de protección. “Pódese concluír que non estamos ante unha escola inclusiva, xa que para referirse nestes termos teriamos que falar dunha escola que teña en conta as necesidades de todo o alumnado... A escola en Galicia ten pendente adoptar unha práctica sistemática proactiva na facilitación da inclusión escolar do alumnado en protección”, suliña.

COLECTIVO DESPROTEXIDO

A investigación destaca que o alumnado en protección non dispón dun acompañamento práctico por parte da escola durante o estado de alarma que lle permita superar a situación de dificultade social na que se atopa. Así, a relación entre profesorado e alumnado céntrase na reprodución de contidos curriculares previamente presentados polo docente, permanecendo allea a situación social que rodea a acción educativa. “Os resultados indican, que mesmo nalgúns casos non se produce traballo educativo das tarefas escolares”, destaca. 

“En situacións como a exposta, os deberes non cumpren coa súa función como ferramenta educativa orientada á mellora dos resultados académicos", suliña. Só cando o profesorado realiza un traballo individualizado da tarefa escolar conseguese incrementar o rendemento escolar e mellorar a satisfacción do alumnado coa escolar. “Os resultados indican unha variedade nos deberes escolares que, coincidindo con Protheroe, responden a preferencias docentes e son planificados sen contar coa realidade do alumnado”, engade.

SOLUCIÓNS

Os autores do estudo avanzan algunhas solucións para evitar este problema no futuro se se volve á teledocencia, entre elas, favorecer a participación activa do estudantado na vida escolar e non só a realización de “deberes” porque os resultados da investigación indican que o alumnado en protección verbaliza discrepancias sobre a utilidade das tarefas escolares.

Ao mesmo tempo, as figuras profesionais, participantes no presente estudo, manifestan que non observan que as tarefas escolares realizadas teñan reforzo posterior por parte do corpo docente. “A situación exposta tradúcese en que a tarefa escolar perda o seu efecto positivo no rendemento e no autoconcepto do alumnado, ao non ser utilizada posteriormente polo profesorado”, recolle o estudo.

Tamén as carencias de medios (portátiles ou tablets), así como as deficiencias en conexións a internet, sitúan a este colectivo nun contexto de maior vulnerabilidade. “Nestas condicións parece crucial a empatía do docente, como calidade humana facilitadora dunha relación eficaz e profunda”, destaca.  Os resultados indican que as estratexias de superación das dificultades dependen en exclusiva da predisposición docente

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Proyectando forever

Isto xa se entrevistan a miña tía de 88 anos dicho claro .Hai algún problema? Entre Harry Potter e dez profezionais de los proxectos cool te lo resuelven e ademais van a 20 xornadas, encontros ou cursos a explicarlle aos demais como ser modelno. Se logo as nenas (inclusivas forever) non saben ler ou escriben con maiúsculas cando chegan a secundaria... Non pasa nada. Tampou se non saben calcular.... Ou non entenden un texto de dez liñas. Hicieron proyectos. Palabra máxica onde te las haya... Con el "hicieron", for God's sake. En serio: contratamos a Harry Potter? Porque eu para que enganarvos... Non vexo outra solución...