Por Europa Press / Redacción | LUGO | 01/07/2025 | Actualizada ás 11:11
Dous condutores foron identificados cando circulaban a 179 quilómetros por hora en estradas convencionais con velocidade limitada a 90 e 80 quilómetros por hora, respectivamente, nos municipios lucenses de Xove e Muras. Segundo informou a Garda Civil, un dos turismos foi identificado na GC-2.3, ao seu paso por Xove, a 179 quilómetros por hora, cando a velocidade está limitada a 90.
Tras ter coñecemento dos feitos, o grupo de investigación e análise de tráfico da Comandancia de Lugo iniciou unhas pescudas que posibilitaron a identificación do condutor. A persoa foi investigada como suposto autor dun delito contra a seguridade viaria por condución a velocidade excesiva e as dilixencias policiais foron postas a disposición do Xulgado de Instrución de Garda de Viveiro.
Ademais, na estrada LU-540, no termo municipal de Muras, foi detectado outro vehículo circulando tamén a 179 quilómetros por hora, a pesar de que a velocidade permitida nese lugar é de 80. Nesta ocasión, unha patrulla da Garda Civil identificou o condutor, ao que se lle atribúe un suposto delito de contra a seguridade viaria. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda número 1 de Vilalba.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.