Directores de residencias urxen trasladar os contaxiados a dispositivos sanitarios

A Asociación de Directores e Directoras de Residencias Sociais rpopón realizar probas PCR a todas as persoas relacionadas cos centros, tanto residentes como traballadores, para poder identificar "de inmediato aos contaxiados" e "separalos dos que non o están".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/09/2020 | Actualizada ás 18:57

Comparte esta noticia

A Asociación de Directores e Directoras de Residencias Sociais insta a realizar unha "profunda reflexión" á sociedade sobre a situación que se está vivindo nestes centros, e instou á administración a impulsar un protocolo que permita separar dos centros a todos os positivos para o seu traslado a unidades de hospitalización adaptadas a este tipo de pacientes.

A entidade, que agrupa medio centenar destes profesionais, advertiu que os usuarios das residencias son de novo o colectivo "máis gravemente afectado" polos contaxios nesta segunda onda de COVID-19, o que obriga ás institucións implicadas nos coidados a prestarlles unha atención "Moi específica" e a revisar os procedementos "coa axilidade necesaria".

Á vista da experiencia vivida nos últimos meses, a entidade propón realizar probas PCR a todas as persoas relacionadas cos centros, tanto residentes como traballadores, para poder identificar "de inmediato aos contaxiados" e "separalos dos que non o están".

No caso dos residentes, apuntan, este illamento "non se pode facer nos propios centros", xa que estes "non están preparados nin arquitectónica nin funcionalmente" nin contan con unidades asistenciais pensadas para pacientes infecciosos.

O obxectivo desta petición, sinalan nun comunicado, radica en promover a "axilidade" nas actuacións e de impedir que se repitan os feitos vividos durante o inicio da pandemia en Galicia.

Persoal da Residencia de maiores A Milagrosa sae do xeriátrico onde se está realizando un cribado. Carlos Castro - Europa Press
Persoal da Residencia de maiores A Milagrosa sae do xeriátrico onde se está realizando un cribado. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta