Parón do mercado inmobiliario: a compravenda de vivendas descendeu un 26,6% en xullo en Galicia

As execucións hipotecarias sobre vivendas caen un 87,84% interanual no segundo trimestre en Galicia, ata 63.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 07/09/2020 | Actualizada ás 11:21

Comparte esta noticia

A compravenda de vivendas inscritas en xullo deste ano en Galicia caeu un 26,6 por cento con respecto ao mesmo mes do ano pasado, segundo a estatística rexistral inmobiliaria do Colexio de Rexistradores publicada este venres.

O total de compravendas de inmobles caeu un 22,2 por cento na Comunidade no sétimo mes do ano. En canto ás hipotecas, rexistraron un descenso do 38,2 por cento en vivendas no mesmo mes e unha caída do 41,6 por cento para o conxunto de inmobles, de acordo coa mesma fonte.

En toda España, a compravenda de vivendas inscritas en xullo deste ano situouse na contorna das 31.000 transaccións fronte ás máis de 46.000 rexistradas en 2019, o que representa unha caída do 32,9% en comparación co mesmo período do ano anterior. As compravendas totais de inmobles pasaron das 90.000 de 2019 ás 68.000 en xullo deste ano, o que supón unha caída do 25,1%, cun descenso próximo ás 23.000 operacións.

As compravendas, totais e tamén as relativas a vivenda, comezaron a caer no mes de marzo pola pandemia do Covid-19 e ata maio, cunha recuperación no mes de xuño. Con todo, en xullo produciuse unha desaceleración da reactivación dos datos de xuño.

Edificio en construción
Edificio en construción | Fonte: UNIVERSIDADE DE SEVILLA - Arquivo

HIPOTECAS

Pola súa banda, as hipotecas pecharon xullo cun total de 35.000, cifra que tamén está por baixo das 44.000 rexistradas hai un ano (-20,1%). Do seu lado, as hipotecas sobre vivenda apenas superaron as 24.000 en xullo, fronte ás máis de 31.000 operacións rexistradas en 2019 (-22,8%).

Tamén o número de certificacións por execucións hipotecarias sobre vivendas situouse en 63 en Galicia no segundo trimestre, unha cifra que supón un descenso do 87,84 por cento con respecto aos niveis do mesmo período do ano pasado e do 55,94 por cento se se compara co primeiro trimestre do ano, de acordo cos datos publicados este luns polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta