Reclaman "cambios de calado e non só de boca para fóra" para mellorar a atención primaria tras a pandemia

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública advirte de que, tras a pandemia, non se está reorientando "o esforzo para a recuperación do sistema sanitario público".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 07/09/2020 | Actualizada ás 17:40

Comparte esta noticia

Membros da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública reclaman "cambios de calado e non só de boca para fóra" para mellorar a atención primaria tras a pandemia. En concreto, os médicos Manuel Martín e Xosé María Dios asinan un documento no que advirten da necesidade de que haxa "unha forte presión social e profesional" para conseguir estes cambios, á luz dos "problemas que vén arrastrando" a atención primaria "desde hai moito tempo".

Manifestación en Santiago de Compostela  dos médicos de Atención Primaria de Galicia para solicitar maior tempo de atención aos seus pacientes
Manifestación en Santiago de Compostela dos médicos de Atención Primaria de Galicia para solicitar maior tempo de atención aos seus pacientes | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press

Pola súa banda, propoñen medidas como o incremento "urxente" do orzamento sanitario ("o obxectivo sería alcanzar o 25% do orzamento en cinco anos", din), máis contratación e "acabar coa precariedade laboral" do persoal, un aumento da responsabilidade dos profesionais da atención primaria con "novas funcións" como a vixilancia epidemiolóxica" e a mellora da coordinación co resto de servizos.

Tamén expoñen o desenvolvemento do "modelo comunitario", "acabar" coas listas de espera e "optimizar de maneira inmediata as conclusións do Consello Técnico de Atención Primaria de Galicia".

No escrito, advirten de que, tras a pandemia, non se está reorientando "o esforzo para a recuperación do sistema sanitario público".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta