Por GC Tendencias | Santiago | 28/03/2013 | Actualizada ás 22:03
“É cousa miña ou estamos volvéndonos imbéciles?” Esta frase oímola mil veces, incluso a dixemos algunha vez. É unha frase feita. Pero, e se fose certa? E se de repente estudios científicos revelaran que isto é así? Que cada día somos máis tontos. Que o cerebro nos fixo un unfollow. Que os do Starbuck’s sábeno e por iso che cobran o dobre por un café que non che serven. Que alguén nun gabinete está a escachar de risa porque nos fixo crer que levar os líquidos en botes pequenos nun avión é o segredo da paz mundial.
Se algunha vez pensaches nisto, se cada día ocorre algo que che fai pensar en si realmente es ti o parvo ou esa persoa que tes enfronte merece un puñazo na gorxa, xa sexa o de enfronte un dependente maleducado ou unha entidade bancaria ao completo. E sobre todo, se cres que se drogan a un mono con viagra e atan a unha árbore a unha persoa medio normal e a unha medio imbécil, o mono saciará o seu desexo coa segunda porque a sinte evolutivamente máis próxima, é moi probable que, este venres 29 a partir das 23:30 na Nave de Vidán (6 euros a entrada), interéseche presenciar "O umbral da estupidez". Non se fala de ningún remedio para que a cousa cambie, pero si do que hai que facer para que un mono drogado non note que es tonto. Que non é pouco.
Rober Bodegas leva dez anos na comedia. Foi colaborador en dous programas de televisión (“El Rey de la Comedia, Sé lo que hicisteis…”) ao mesmo tempo que guionista, tamén desenrolou novos proxectos para Hill Valley (productora de “Muchachada Nui”, “Museo Coconut”, etc.) e Mandarina (productora de “Lo sabe, no lo sabe”).
Actualmente, xunto aos tamén cómicos, Ángel Martín e Alberto Casado, escriben e interpretan os sketches e curtas de Solocomedia.com, a súa canle de comedia online, na que os contidos recibiron máis de doce millóns de visitas no seu primeiro ano de existencia. Ademais, escribiu artigos para La Voz de Galicia, un libro e tres espectáculos de monólogos. Xirou con eles por toda España e co último estivo tres años en carteleira na Gran Vía de Madrid, sumando en total máis de mil representacións. Agora presenta cuarto, “O umbral da estupidez”.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.