O arquipégalo de Santo Tomé e Príncipe reproducirá o sistema de compostaxe da Deputación de Pontevedra

A poboación de Illa Príncipe seleccionou o modelo pontevedrés a través dun órgano de consulta de apoio á Reserva da Biosfera que integra a líderes tradicionais, empresariado, autoridades e outras entidades.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/09/2020 | Actualizada ás 16:25

Comparte esta noticia

Un grupo de técnicos enviados polo Goberno autónomo da illa de Príncipe, no arquipélago africano de Santo Tomei e Príncipe, atópase en Pontevedra para estudar e poder implantar con éxito o modelo de compostaxe do 'Plan Revitaliza' da Deputación de Pontevedra.

Esta pequena illa, de apenas 8.000 habitantes e localizada no Golfo de Guinea, está declarada Reserva da Biosfera pola Unesco e forma parte do arquipélago do país Santo Tomei e Príncipe.

Este martes, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o vicepresidente, César Mosquera, o deputado responsable do Revitaliza, Uxío Benítez, así como o asesor técnico Carlos Pérez e a técnica María Martínez Abraldes participaron na recepción institucional á delegación de Illa de Príncipe encabezada pola directora rexional de Medio Ambiente e Conservación da Natureza, María José Praceres.

Segundo explicou, o seu país fixouse no sistema pontevedrés para "xestionar o seu lixo orgánico e evitar que acabe no mar", tras analizar diversas prácticas aplicadas en distintas partes do mundo.

Ademais, a poboación de Illa Príncipe seleccionou o modelo pontevedrés a través dun órgano de consulta de apoio á Reserva da Biosfera que integra a líderes tradicionais, empresariado, autoridades e outras entidades.

OPERATIVO ANTES DE FINAIS DE ANO

A súa intención é pór en marcha o 'Plan Revitaliza' no territorio de Príncipe, co obxectivo de que estea operativo antes de finais deste ano. Para iso, contan coa axuda dun programa internacional do Goberno francés, o 'Small Islands Organization' (SMILO), enfocado ao desenvolvemento e a sustentabilidade de pequenas illas como esta.

Pola súa banda, o vicepresidente da Deputación, César Mosquera, indicou que o goberno provincial está "a achegar coñecemento técnico" coa gran vantaxe de que "está baseado nunha experiencia que funciona".

A Illa de Príncipe é o maior produtor de chocolate do mundo e, desde hai uns anos, o Goberno rexional prohibiu a utilización de fertilizantes sintéticos, polo que, explicou María Martínez Abraldes, a compostaxe exponse como unha alternativa ecolóxica para os produtores.

Deste xeito, o sistema axudará a xerar emprego e a previr problemas relacionados coa xeración de residuos nunha illa que é "un paraíso" e na que o turismo de luxo crece cada vez máis.

San Antonio-Santo Tomé e Príncipe
San Antonio-Santo Tomé e Príncipe

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta