Jácome acusa a Baltar e Feijóo "de dar un golpe de estado" en Ourense e insinúa casos de suborno

O alcalde de Ourense di que tanto o presidente da Xunta como o presidente provincial agardaron a despois das eleccións para tentar sacalo da alcaldía e que así "non poñer en risco" os resultados.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 09/09/2020 | Actualizada ás 13:10

Comparte esta noticia

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome (DO), afirmou que o PP, que ata o pasado martes era o seu socio de goberno, está a tentar darlle "un golpe de estado" no concello e acusou aos populares de "comprar" a Miguel Caride, o que era o seu número dous e agora líder dos concelleiros críticos co rexedor.

Así o trasladou nunha rolda de prensa na mañá deste mércores na que rompeu o seu silencio tras semanas de acusacións por unha presunta irregularidade na xestión dos fondos públicos da partido Democracia Ourensá (DO).

Jácome afirmou ser vítima de "unha das traizóns máis épicas da política municipal" e responsabilizou tamén ao presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de estar detrás de todo. "Esperouse a que pasasen as eleccións" para, di, non poñelos "en risco".

O rexedor apuntou que comezou a desconfiar cando, recentemente, nunha cea entre Caride e outra persoa de DO, Baltar e Jorge Pumar --o ata o martes tenente de alcalde polo PP-- comentáronlle que o ían a "deter" e que por iso debía dimitir inmediatamente. "Estonces están na mesma trama", sentenciou Jácome.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome | Fonte: Europa Press

"Entón están na mesma trama", referiu Jácome."Cando cesou aos dous concelleiros, os do PP cesan", polo que "estaba todo secuenciado, estaban todos en auténtica coordinación" --en referencia aos edís críticos de DO e aos populares--, engadiu.

Poucos días despois, Caride díxolle nun encontro fortuíto na rúa que o seu estaba "moi avanzado" e que ían detelo "pasadomañá": "Ti xa cumpriches o teu soño, xa fuches alcalde, dimites esta mañá e é moito máis suave", comentoulle o tamén exportavoz municipal da formación ourensá.

SUBORNOS

Jácome falou abertamente de edís "comprados" por parte do PP, como é o caso de Miguel Caride, e tamén insinuou que hai "poderes económicos" que ofrecen "mordidas" polas concesións. Preguntado sobre este punto dixo que tería que informarse "para comuicar certas cousas á xustiza" e non descartou levar o asunto á Fiscalia Anticorrupción.

"Pensei que os subornos eran cousa do pasado logo das operacións Campeón", dixo, ao tempo que indicou que houbo empresarios que o abordaron con determinadas intencións. "Como eu teño fama de incorruptible pois o elenco e as formas de abordarme para comprarme foron diferentes", dixo. "E o fan de xeito fascintante... A min me mandaron un emisario que era sobre un tema de varios millóns para Ourense... Logo de falarme, falarme, e eu pensando 'a ver cando ma solta', vai e dime: "Gonzalo si alguna vez necesitas liquidez para lanzar cohetes, tendrás liquidez"...Aí estaba o suborno", suliñou.

NON DIMITE

Gonzalo Jácome anunciou que, a pesar de non contar xa co apoio do PP nin da maioría dos edís do seu grupo, seguirá de alcalde. A súa intención, dixo, é gobernar con apoios puntuais do resto de partidos.


Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Lourenzo

Estoxo este home, mais todo o que está dicindo sobre o PP cádrame perfectamente. Pobre cidade!

3 fora edil ocupa

Esta coma unha cafeteira... anda marcha xa desastroso ... minte mais que respira...

1 Oku

De ocupa nadiña de nada. Foi votado e apoiado polos seus viciños sabendo quen era. Que a xente comece a asumir a súa responsabilidade. Paternalismos non, grazas!

2 Lemason

Un golpe de estado? Converteuse OU nunha cidade-estado como as polis gregas. E o de "máis épico" chegoume ao corazón. Como se expresa o rapaz...

1 Xesús Ateo Recalcitrante

Menudo jolper lle van dar os das gaivotas ladronas. Pobriño...! Que vaia coa música a otra parte.